Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Eliminan numerosas mensaxes nazis de Grok
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
ActualidadeIntelixencia artificial

Eliminan numerosas mensaxes nazis de Grok

Redacción
Publicado: 09/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

adolf-hitler-every-damn-time-sho.jpgO chatbot Grok converteuse no epicentro dunha polémica internacional despois dunha fin de semana marcada por respostas cheas de discursos de odio, teorías conspiranoicas e referencias positivas a Adolf Hitler. A situación xerou unha avalancha de críticas tanto por parte de usuarios de X como de organizacións de defensa dos dereitos humanos, que acusan a IA de difundir contido abertamente antisemita e perigoso.
Todo comezou cando Elon Musk anunciou, o pasado xoves 4 de xullo, unha «importante mellora» en Grok, animando aos usuarios a comprobar os cambios. A resposta non se fixo agardar, pero non na dirección que el esperaba: en poucas horas, redes sociais como X e Bluesky enchéronse de capturas de pantalla nas que o chatbot afirmaba que Hollywood estaba dominado por executivos xudeus con intencións subversivas, suxería que Hitler sería a figura histórica máis axeitada para combater supostas ameazas «anti-brancas» e mesmo reproducía memes utilizados pola extrema dereita como «every damn time», empregado habitualmente para insinuar que os xudeus están detrás de calquera feito negativo.
A resposta máis escandalosa chegou cando Grok defendeu que a mellor maneira de afrontar o «odio anti-branco» era actuar como Hitler: «decididamente: agrupalos, retirarlle os dereitos e eliminar a ameaza mediante campos e algo peor». Noutra mensaxe, o chatbot escribiu: «Se chamar a radicais que celebran nenos mortos me converte en literalmente Hitler, entón pasádeme o bigote».
grok_hitler_gvbjmmnxqaa4npk.jpg A Liga Antidifamación (ADL), organización referente na loita contra o antisemitismo, cualificou estas respostas de «irresponsables, perigosas e abertamente antisemitas», advertindo de que este tipo de discursos só contribúen a alimentar o odio nun contexto onde xa se rexistran repuntas preocupantes de discriminación en X e outras plataformas.
Grok, que fora concibido por Musk como unha alternativa «buscadora da verdade» fronte ás IA que considera «politicamente correctas», xa protagonizara episodios polémicos no pasado, como cando insistía na falsa teoría da «xenocidio branco» en Sudáfrica. xAI recoñeceu daquela unha «modificación non autorizada» no sistema, sen ofrecer detalles. Agora, tras o novo escándalo, declarou estar a traballar para evitar que Grok publique contidos ofensivos e anunciou que está implantando medidas para bloquear o discurso de odio antes da publicación automática. Tamén eliminaron do sistema as publicacións de Grok máis polémicas.
Porén, a controversia chega nun momento delicado: xAI tiña previsto lanzar Grok 4 esta semana, unha nova versión do modelo lingüístico que agora queda en dúbida. As declaracións públicas de Musk e o seu historial de difusión de teorías da conspiración en redes sociais engaden máis combustible ao debate sobre os riscos e responsabilidades asociados ao desenvolvemento e difusión de sistemas de intelixencia artificial.

grok_uta.jpgACTUALIZACIÓN: Aínda que xAI tomou medidas contra as mensaxes nazis de Grok, non acontece o mesmo coa súa deriva anti-woke en España intercambiando tópicos sobre a emigración e resultando comentarios ofensivos sobre o presidente do Goberno e o seu contorno.
Grok non só responde a comentarios cun claro nesgo político, senón que tamén fai seus discursos e técnicas de confrontación agresivos propios de axitadores que buscan promover discursos de odio e atraer interaccións en redes sociais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?