Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Cyberpunk 2077 chega a Mac esta semana
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

Cyberpunk 2077 chega a Mac esta semana

Marcus Fernández
Publicado: 15/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cyberpunk2077_macos_close_and_pe.jpgO xogo Cyberpunk 2077, tras un lanzamento moi accidentado conseguiu redimirse e converterse en todo un éxito no mundo dos videoxogos, ampliando cada vez máis o seu alcance, de xeito que tras pasar por PC, PlayStation e Xbox, chegou recentemente a Nintendo Switch 2 e incluso ao servizo de subscrición PlayStation Plus, preparando así o terreo para a súa futura secuela.
Pero unha das plataformas para as que seguía ausente era Mac, pese a que se anunciara a súa chegada a ordenadores de Apple o ano pasado, e incluso a compañía de Cupertino presumía do xogo o pasado mes de marzo ao presentar o novo Mac Studio, quedando claro que esta versión non é unha prioridade para CD Projekt Red.
Agora confirman que este xoves chegará a Cyberpunk 2077: Ultimate Edition a actualización 2.3, que entre as súas novidades inclúe a adaptación do xogo a ordenadores con procesadores Apple Silicon. Non falamos só de que o xogo vaia estar dispoñible na Mac App Store, senón que tamén serán compatibles con macOS as versións do xogo dispoñibles en Steam, GOG e a tenda de Epic Games.
Para poder gozar de Cyberpunk 2077 nun Mac será preciso contar cun que como mínimo estea equipado cun procesador M1 e 16 GB de memoria unificada. O xogo tirará proveito da tecnoloxía Metal 4 para un bo desempeño gráfico e foi sometido a un proceso de optimización para evitar que padeza os problemas da versión para PlayStation 4 (que no seu día Sony tivo que retirar da PlayStation Store por ser inxogable).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

Cyberleek publica o executable de GTA 6 para Xbox e abre a porta á súa posible recompilación en PC

23/11/2026
VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?