Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant reforza o seu Consello Empresarial coa incorporación de Mestrelab Research
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant reforza o seu Consello Empresarial coa incorporación de Mestrelab Research

S. P.
Publicado: 15/07/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fachada_gradiant.jpgMestrelab Research (Mestrelab), empresa galega de referencia internacional no desenvolvemento de software científico, vén de sumarse ao Consello Empresarial de Gradiant, con sede en Vigo. E fíxoo nun momento clave para o centro tecnolóxico galego, que recentemente aprobou o seu plan estratéxico 2025-2027 orientado a seguir impulsando as tecnoloxías dixitais e deep tech e consolidar a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico como motor de competitividade na empresa.
Dende Gradiant lembran que o Consello Empresarial xoga “un papel fundamental na consecución deses obxectivos ao funcionar como foro de diálogo estratéxico e unha canle bidireccional que contribúe a aliñar as capacidades de I+D de Gradiant coas necesidades reais das empresas”.
Con 100 empregados e unha facturación de 14 millóns de euros (datos de 2024), Mestrelab representa un dos piares da división SciY do grupo multinacional Bruker Corporation, no que está integrada, e é, segundo lembra Gradiant, “un motor clave de innovación en Galicia e un exemplo de proxección internacional”. Ademais, engade o centro tecnolóxico, “Mestrelab contribúe activamente á transformación dixital e a preparación para a Intelixencia Artificial dos laboratorios do futuro, cun software de seu que é empregado por máis do 80% das principais farmacéuticas do mundo, así como tamén por moito das universidades e institucións gobernamentais máis prestixiosas”.
Segundo sinala Santiago Domínguez, de Mestrelab, “levamos máis de 20 anos axudando a científicos a transformar datos complexos de química analítica en coñecemento accionable, mediante ferramentas de software flexibles e doadas de empregar. Tamén proporcionamos solucións para a automatización dos fluxos de traballo de datos, impulsando así a dixitalización dos laboratorios. A nosa colaboración cos nosos socios dentro do ecosistema de SciY permítenos ampliar aínda máis estas capacidades, ofrecendo solucións orientadas á estandarización de datos e á adopción dos principios FAIR nas operacións diarias do laboratorio”.
En palabras de Pablo Álvarez Freire, director do CIM e novo membro do Consello Empresarial de Gradiant, está claro que “Galicia desenvolve tecnoloxías dixitais de alta complexidade e valor para sectores fundamentais a nivel mundial e alianzas como esta reforzan a nosa proxección internacional”.
“A entrada de Mestrelab no Consello Empresarial de Gradiant reforza unha alianza natural entre ambas as entidades ao redor do impulso da innovación e o desenvolvemento tecnolóxico, así como tamén da proxección internacional do coñecemento xerado en Galicia e a súa transferencia efectiva á empresa”, explica pola súa banda Luís Pérez Freire, director xeral de Gradiant, que engade que a alianza supón “un paso máis na construción dun ecosistema onde empresa e tecnoloxía avanzan da man para afrontar os retos científicos e industriais do presente e do futuro”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?