Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Naver podería adquirir Wallapop por 600 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Naver podería adquirir Wallapop por 600 millóns de euros

Redacción
Publicado: 17/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

wallapop_anuncio.jpgSegundo publican as páxinas do diario El País, a plataforma de compravenda de produtos de segunda man Wallapop podería ser vendida nas vindeiras semanas ao conglomerado surcoreano Naver nunha operación en fase avanzada de negociación que implicaría a adquisición do 100 % do capital por parte de Naver, que xa controla arredor do 22 % das accións a través do fondo Korelya Capital.
A operación está a xerar malestar no ecosistema de investimento español pola súa valoración, considerablemente inferior á rexistrada en anteriores roldas de financiamento. En concreto, Naver estaría a ofrecer un enterprise value de 600 millóns de euros, cun equity value de 568 millóns, o que supón unha rebaixa de máis de 200 millóns con respecto á cifra establecida en febreiro de 2024, cando se cifraba a empresa en 806 millóns de euros tras a entrada de novos socios institucionais, como o Instituto de Crédito Oficial (ICO).
A transacción estaría a topar resistencia por parte dalgúns accionistas minoritarios, como o fondo 14W, que posúe preto do 20 % do capital, así como outros socios como Insight Venture Partners e Accel, con aproximadamente un 15 % cada un. Estes investidores entenden que a empresa non perdeu valor desde o último levantamento de capital e consideran inxustificada a rebaixa, especialmente cando Wallapop mantén unha posición sólida de liquidez e presenta previsións de ingresos para 2025 de ata 140 millóns de euros, cun EBITDA estimado de 25 millóns.
A alternativa a esta venda podería ser unha saída a Bolsa. De feito, entidades financeiras como Goldman Sachs e Morgan Stanley xa analizaron a posibilidade dunha OPV nos vindeiros 18 a 24 meses. A cotización de Wallapop no mercado continuo español serviría para reforzar o tecido tecnolóxico do país, achegar capital local á empresa e facilitar a compra de accións aos seus usuarios, moitos deles en España, onde a aplicación está presente no 87 % dos teléfonos móbiles.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?