Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Paramount pagará 1.500 millóns de dólares polos dereitos de South Park
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Paramount pagará 1.500 millóns de dólares polos dereitos de South Park

Redacción
Publicado: 24/07/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

south_park_satan_trump.jpgOs creadores de South Park, Trey Parker e Matt Stone, alcanzaron un acordo histórico con Paramount que garante os dereitos globais de emisión en streaming da icónica serie satírica, que pasará a estar dispoñible por primeira vez nos Estados Unidos a través de Paramount+ (polo momento non se confirmou se en España a serie pasará a estar dispoñible a través de SkyShowtime). O pacto, que chega tras semanas de tensións e ameazas de litixio, valora os dereitos en 300 millóns de dólares anuais durante cinco anos, o que supón un total de 1.500 millóns de dólares.
O acordo representa un dos contratos máis valiosos da historia da televisión e implica que Park County, a produtora dos creadores, producirá dez novos episodios por ano. Esta nova etapa remata cun período de incerteza marcado polo vencemento do anterior contrato con HBO Max, que tiña en exclusiva os dereitos de emisión da serie desde 2019, cando Paramount aínda non tiña operativa a súa plataforma de streaming.
As negociacións viñeron marcadas tamén polo proceso de venda de Paramount ao grupo Skydance Media, dirixido por David Ellison, e pola intervención directa de altos executivos como Jeff Shell (RedBird Capital Partners) e o equipo legal de Park County, que chegou a preparar unha demanda contra Paramount e Skydance. Finalmente, alcanzouse un acordo a cinco anos (en lugar dos dez inicialmente solicitados polos creadores) co visto e prace de Skydance.
O lanzamento desta nova etapa coincide co inicio da 27ª tempada da serie en Comedy Central, cun episodio que está a causar moito rebumbio ao contar coa presenza de Donald J. Trump, a quen dan un tratamento semellante ao de Saddam Hussein, e mesmo ousaron a crear un vídeo feito con IA no que aparece o presidente espido, no que semella unha declaración de intencións, dando a entender que manterán a irreverencia da serie pese ás presións políticas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?