Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A tenda de aplicacións de Google para Android terá que permitir tendas de terceiros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A tenda de aplicacións de Google para Android terá que permitir tendas de terceiros

Redacción
Publicado: 31/07/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

fortnite_gxm87ngw0aefgvu.jpgA Corte de Apelación do Noveno Circuíto confirmou a sentenza que condena a Google por violación das leis antimonopolio federais e de California, ao considerar probado que mantivo de xeito deliberado unha posición de monopolio nos mercados de distribución de aplicacións Android e de sistemas de pagamento integrados na plataforma. O veredicto responde á demanda presentada por Epic Games tras a retirada do videoxogo Fortnite da tenda de aplicacións oficial de Google, ao integrar este un sistema de pagamentos alternativo co que evitaba as comisións do 30 % impostas por Google.
O tribunal confirmou tamén a orde de medida cautelar permanente imposta polo xuíz de primeira instancia, James Donato, que obriga a Google a cesar certas prácticas que restrinxen a competencia. Entre outras, prohíbese á compañía ofrecer incentivos económicos a fabricantes de móbiles, operadores ou desenvolvedores a cambio de favorecer a Play Store fronte a outras tendas de aplicacións, e ordénase que permita a distribución de tendas alternativas a través da súa propia plataforma.
A decisión destaca que Google impuxo barreiras artificiais á distribución de apps fóra da Play Store mediante pantallas de medo e configuracións predeterminadas que disuadían os usuarios de realizar instalacións directas ou empregar tendas alternativas. Ademais, estableceuse que a compañía condicionaba a instalación do seu servizo de pagamentos á presenza das aplicacións na tenda, limitando así a posibilidade de empregar opcións de pagamento alternativas.
A corte tamén rexeitou os argumentos de Google que pretendían anular o proceso a partir do resultado dun litixio anterior entre Epic e Apple, sinalando que os mercados analizados eran distintos e que a situación de Android non é equiparable á do ecosistema pechado de iOS.
En canto ao alcance da orde xudicial, ratificouse a súa vixencia durante tres anos, incluíndo disposicións que obrigan a Google a facilitar o acceso de tendas de terceiros ao catálogo de aplicacións da Play Store e permitir que estas se distribúan a través dela. A empresa terá un prazo de oito meses para implementar estas medidas (prazo que pode resultarnos familiar, pois foi o que establecera a sentenza publicada o pasado mes de outubro) e deberá facelo baixo supervisión dun comité técnico composto por representantes de ambas partes e un terceiro membro consensuado.
A resolución representa unha vitoria significativa para Epic Games e marca un precedente relevante sobre os límites que poden impor os grandes operadores de plataformas móbiles no acceso aos mercados dixitais. A sentenza subliña a importancia de manter espazos abertos e competitivos para o desenvolvemento de aplicacións e servizos nos ecosistemas tecnolóxicos actuais.
O máximo responsable de Epic Games, Tim Sweeney, manifestou a súa satisfacción polo veredicto, e asegurou que no futuro a súa tenda de xogos estaría dispoñible na tenda de aplicacións de Google para Android, o que pode mellorar significativamente o seu uso por simplificar a súa instalación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?