Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apple supera a barreira dos 3 mil millóns de iPhones
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apple supera a barreira dos 3 mil millóns de iPhones

Redacción
Publicado: 01/08/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

tim_cook_wwdc25.jpgApple logrou no terceiro trimestre fiscal de 2025 o seu maior crecemento interanual en ingresos desde 2021, impulsada pola forte demanda do iPhone e unha sólida recuperación no mercado chinés. A compañía de Cupertino anunciou uns ingresos de 94.000 millóns de dólares, un 9,6 % máis que no mesmo período do ano anterior, superando amplamente as previsións de Wall Street, que estimaban uns 89.300 millóns. O beneficio por acción diluída alcanzou os 1,57 dólares, fronte aos 1,43 que esperaban os analistas. A recuperación en China resultou especialmente significativa, cun incremento do 4,4 % nos ingresos, ata os 15.400 millóns de dólares, tamén por riba das estimacións do mercado.
No seu conxunto, a división do iPhone xerou 44.600 millóns, fronte aos 40.100 millóns esperados, grazas en parte ao lanzamento do modelo 16e en febreiro. Tamén contribuíu a unha repunta puntual a anticipación dos consumidores ante posibles subas de prezos derivadas dos aranceis, o que supuxo arredor dun punto porcentual dos dez totais de crecemento.
Durante a chamada cos investidores, Tim Cook revelou que Apple superou os tres mil millóns de iPhones enviados desde o lanzamento do modelo orixinal en 2007. Segundo estimacións da compañía, acadouse o primeiro milleiro de millóns en 2016, o segundo en 2021 e, agora, só catro anos despois, xa se superou a terceira marca.
O segmento de Servizos segue a ser o principal motor de crecemento para Apple, cun incremento do 13 % ata os 27.400 millóns de dólares, por riba dos 26.800 millóns anticipados. Non obstante, a compañía advertiu de que este negocio podería verse afectado por presións reguladoras, tanto en Europa como nos Estados Unidos, incluíndo cambios previstos nas normas da App Store e a posible revisión do acordo con Google que mantén o seu motor como buscador predeterminado nos dispositivos de Apple.
En canto ao resto de divisións, os ordenadores Mac xeraron 8.050 millóns de dólares (por riba dos 7.300 previstos), grazas á renovación dos MacBook Air e Mac Studio en marzo. Pola contra, os iPad ingresaron 6.580 millóns, un descenso do 8,1 % respecto ao ano anterior, afectado pola ausencia dunha nova versión do iPad Pro, prevista para finais de ano con chip M5 e melloras na cámara.
A unidade de wearables, fogar e accesorios (que inclúe produtos como os AirPods, Apple Watch, Vision Pro ou HomePod) continúa a súa caída, con ingresos de 7.400 millóns, un 8,6 % menos, por baixo dos 7.800 millóns estimados. A falta de innovacións destacables desde 2022 e o escaso impacto comercial do visor Apple Vision Pro, contribúen a este retroceso. A compañía ten previsto presentar un novo modelo do visor con novo chip a finais deste ano, pero as modificacións significativas non chegarían ata 2027.
Apple tamén avanzou que prevé que os ingresos do cuarto trimestre medren nunha franxa que vai de media a alta porcentaxe dun díxito, por riba do 3 % previsto polos analistas. En paralelo, advertiu que os aranceis poderían supor un custo adicional de 1.100 millóns de dólares no vindeiro trimestre, tras un impacto de 800 millóns neste último.
Finalmente, o consello de administración de Apple aprobou o pagamento dun dividendo en efectivo de 0,26 dólares por acción ordinaria, que se fará efectivo o 14 de agosto de 2025 para os accionistas rexistrados ata o 11 de agosto. As accións da compañía subiron arredor dun 3 % nas operacións posteriores ao peche da sesión, aínda que no acumulado do ano seguen cun descenso do 17 %, en contraste co que está a acontecer con nVIDIA e Microsoft, que vén como a súa valoración de mercado se dispara grazas ao pulo da IA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?