Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google nega que a IA no seu buscador estea a reducir o tráfico das páxinas web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google nega que a IA no seu buscador estea a reducir o tráfico das páxinas web

Redacción
Publicado: 06/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Ante as acusacións por parte de numerosos medios de que a aposta de Google pola intelixencia artificial está a provocar unha importante perda de tráfico para as súas páxinas web, a compañía de Mountain View responde que a integración da intelixencia artificial no seu buscador está a marcar a maior transformación da experiencia de busca desde a creación do servizo, permitindo ás persoas formular preguntas máis complexas ca nunca e fomentando un maior uso da plataforma.
Segundo os seus datos internos, o volume total de clics orgánicos cara a sitios web desde a busca mantense relativamente estable en comparación co ano anterior. Ademais, a compañía subliña que a calidade media deses clics mellorou, xa que os usuarios mostran maior interese polos sitios aos que acceden.
Google cuestiona informes de terceiros que falan de caídas abruptas no tráfico web, atribuíndo esas conclusións a metodoloxías incorrectas ou a exemplos illados non relacionados coa despregadura da IA. A tecnolóxica explica que, ao facilitar buscas máis longas e específicas, a IA está a xerar máis consultas e a mostrar máis ligazóns nas páxinas de resultados, o que multiplica as oportunidades para que os sitios web sexan visitados.
Con todo, recoñece que as tendencias están a cambiar e que o tráfico pode diminuír nalgúns sitios mentres aumenta noutros. Sosteñen que os usuarios buscan cada vez máis contidos auténticos, como foros, vídeos, podcasts e análises persoais, contexto que beneficia a quen ofrece perspectivas únicas e información de fondo, especialmente en ámbitos como a aprendizaxe, a investigación ou as compras.
Google tamén quixo remarcar que, como empresa centrada na busca, segue comprometida co ecosistema da web. A compañía afirma que os seus sistemas de IA están deseñados para resaltar contido de calidade, con ligazóns visibles, atribucións claras e respecto polas directrices de exclusión de contido da web aberta.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?