As procuras con IA en Google reducen os clics e a navegación cara a outras páxinas
xoves, 24 de xullo do 2025
A introdución dos resumos xerados por intelixencia artificial nas procuras de Google está a transformar de maneira significativa os hábitos de navegación dos usuarios segundo un informe do Pew Research Center que revela que os usuarios que se atopan cun resumo xerado por IA teñen moitas menos probabilidades de facer clic en ligazóns tradicionais ou mesmo continuar navegando.
O estudo, baseado na análise da actividade en liña de 900 adultos estadounidenses durante o mes de marzo de 2025, conclúe que aproximadamente un 58 % realizou polo menos unha procura en Google que xerou un resumo con IA. Nestes casos, só un 8 % dos usuarios fixo clic nalgunha das ligazóns tradicionais da páxina de resultados, fronte ao 15 % entre quen non viu dito resumo. A cifra cae aÃnda máis (a un escaso 1 %) cando se trata de clics dentro dos propios resumos de IA.
Ademais, a presenza destes resumos parece estar asociada cunha maior tendencia a rematar a sesión de navegación: un 26 % das visitas a páxinas con resumo IA remataron sen máis actividade, fronte ao 16 % das que non o incluÃan. En xeral, arredor de dous terzos das procuras terminaron sen que o usuario accedese a ningunha das ligazóns ofrecidas.
A investigación tamén analizou os tipos de contidos máis presentes nos resumos xerados por IA. Wikipedia, YouTube e Reddit son as fontes máis frecuentemente citadas, tanto nos resultados tradicionais como nos resumos. Non obstante, estes últimos presentan unha maior proporción de ligazóns a páxinas .gov, que representan o 6 % fronte ao 2 % dos resultados estándar. En canto aos medios de comunicación, ambos tipos de resultado inclúen ligazóns a noticias nun 5 % dos casos.
O contido dos resumos mostra unha gran variabilidade: a súa extensión media sitúase nos 67 palabras, pero pode oscilar entre sete e 369. A frecuencia coa que se xeran está directamente relacionada co tipo de consulta: só un 8 % das procuras de unha ou dúas palabras deron lugar a un resumo IA, mentres que nas que tiñan dez ou máis palabras a porcentaxe ascendeu ao 53 %. As preguntas directas (como as que comezan por quen, que ou cando) e as frases completas tamén aumentan as probabilidades de activar este tipo de resposta automática.
Este informe pon de relevo un cambio importante no modo en que os usuarios interactúan co buscador máis utilizado do mundo, ao tempo que alimenta as preocupacións dos editores e medios dixitais, que observan unha caÃda no tráfico procedente de Google. Moitos deles atribúen este descenso precisamente ao feito de que os usuarios obteñen respostas completas sen necesidade de acceder ás páxinas orixinais.
A información recollida corresponde ao mercado estadounidense en primavera, cando as vistas creadas con IA xa levaban meses funcionando en tal mercado, e podemos entender que, dado que chegou a España a finais de marzo, no noso territorio reprodúcese actualmente un comportamento dos usuarios moi semellante.
