Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lip-Bu Tan reacciona ás peticións de dimisión
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lip-Bu Tan reacciona ás peticións de dimisión

Redacción
Publicado: 08/08/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

intel-lip-bu-tan-ceo.jpgO conselleiro delegado de Intel, Lip-Bu Tan, saíu ao paso das acusacións do presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, quen pediu a súa dimisión asegurando que estaba «altamente condicionado» por conflitos de interese. Nunha carta dirixida ao persoal da compañía e publicada na noite do xoves, Tan denunciou a existencia de «moita desinformación» sobre a súa traxectoria e asegurou que Intel está en contacto coa Administración Trump «para abordar as cuestións expostas e garantir que dispoñen dos feitos».
«Quero deixar absolutamente claro que, ao longo de máis de 40 anos no sector, construín relacións en todo o mundo e en todo o noso diverso ecosistema, e sempre actuei dentro dos máis altos estándares legais e éticos», escribiu o executivo.
Desde que chegou ao cargo, Tan puxo en marcha un duro plan de recorte de custos e advertiu o mes pasado que Intel podería verse obrigada a abandonar o desenvolvemento da súa próxima xeración de tecnoloxía de fabricación se non consegue un cliente importante. Na súa carta, subliñou que o consello de administración apoia plenamente «o traballo que estamos a realizar para transformar a compañía» e que comparte «o compromiso do presidente para avanzar na seguridade nacional e económica dos Estados Unidos».
«Levo máis de 40 anos vivindo neste país, que considero o meu fogar. Quéroo e síntome fondamente agradecido polas oportunidades que me deu. Tamén amo esta compañía», concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?