Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 20 persoas reúnense en Anceu para dixitalizar o seu sistema de xestión comunitaria da auga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

20 persoas reúnense en Anceu para dixitalizar o seu sistema de xestión comunitaria da auga

S. P.
Publicado: 02/09/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

anceu_nextdigital1.jpgAta o vindeiro domingo, día 7, unha vintena de persoas vindas de distintas ramas como enxeñería, deseño de produto, UX, dixitalización, mediación ou audiovisual participan nun hackaton na aldea de Anceu (Ponte Caldelas, Pontevedra). O obxectivo é xerar un sistema dixital de xestión comunitaria da auga da aldea. As súas tarefas centraranse en idear, prototipar, desenvolver, testar e lanzar este modelo dixitalizado que poderá ser replicado en máis de 1.500 aldeas.
As pezas clave do equipo
Na actualidade, Olga Aranda e Rosabel García son as pezas clave do equipo que sostén o sistema comunitario de auga na aldea de Anceu (Ponte Caldelas). Cada 3 meses rexistran e contabilizan casa a casa o consumo de auga (len 400 contadores), controlan o estado do depósito municipal, detectan posibles consumos irregulares e, tamén, analizan a calidade das augas. Mantéñeno actualizado, en orde e tamén cun prezo moi económico: 85 euros por vivenda ao ano. O pequeno equipo encargado de vixiar o nivel dos cinco mananciais da zona que abastecen ao municipio rexistra todo en varios libros físicos. Este sistema manual precisa para manterse no tempo e garantir as mesmas condicións económicas dunha aplicación tecnolóxica, en forma de sistema de rexistro integral, que se abordará estes días de traballo colectivo.

Contidos
  • Rural Hackers
  • 7 días de traballo e unha celebración

Rural Hackers

anceu_nextdigital2.jpg Rural Hackers impulsou a celebración deste hackaton. Esta é unha organización sen ánimo de lucro cuxo obxectivo é usar a tecnoloxía e a comunidade como ferramentas contra o despoboamento rural. E demostrar, así, que no rural tamén cabe a innovación. Na presentación do proxecto, Rural Hackers advertiu de que o saber común que conseguiron realizar durante as últimas décadas na aldea de Anceu ten que pervivir cun bo sistema de documentación, “e esa solución ten que realizarse xa”. Por iso, incentivaron este encontro en Anceu co fin de construír a solución.
Rural Hackers e a comunidade de xestión de augas non están a idear esta solución en solitario, xa que contan coa colaboración de varias empresas que achegaron os seus produtos ou talento para que o sistema dixital da xestión da auga sexa unha realidade. Next Dixital foi a encargada de elaborar o esquema técnico sobre o que se asentará o resultado final.
Para Jesús Angulo, COO de Next Dixital, colaborar con esta iniciativa foi un “si desde o inicio, xa que nos encantou a formulación da actividade, así como a posibilidade de coñecer sobre o terreo a situación”. Tamén, destaca, “é apaixonante o reto de dar unha solución para colectivos que non son maioritarios pero enfróntanse aos retos do despoboamento, prezo e dixitalización”.

7 días de traballo e unha celebración

anceu_nextdigital.jpg Por diante, todas as partes teñen unha semana de traballo colaborativo e común para construír esta solución dixital centrada en crear unha webapp que permita rexistrar toda a información e documentación, rexistrar o seu proceso de traballo, para que perdure e poida “herdarse” de forma sinxela e, por último, que sexan creadas axendas-calendario de tarefas rutineiras, como a realización das analíticas. Isto permitirá facilitar o traballo de Olga e Rosabel, que o sistema se manteña nunha xestión comunitaria, “sen necesidade de empresas distribuidoras e, por tanto, que o custo da auga nesta aldea mantéñase en prezos económicos e populares”, explicaron dende Rural Hackers.
O traballo desta semana comeza co coñecemento da problemática actual, o funcionamento do sistema, a esquematización, ata o desenvolvemento da solución e a súa testeo nunha contorna real. Durante a fin de semana, presentarase a solución conseguida nunha celebración comunitaria, coa presenza de representantes doutras comunidades de augas que poderán beneficiarse desta nova solución tecnolóxica. A partir dese momento, o prototipo quedará funcionando en Anceu para a súa validación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?