Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Android incrementa as posibilidades de Auracast
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Android incrementa as posibilidades de Auracast

Redacción
Publicado: 03/09/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

android_auracast_blog_header_v6.jpgHoxe preséntanse novas formas de escoitar e compartir audio entre dispositivos con LE Audio, a nova xeración de Bluetooth que ofrece unha calidade de son máis alta e novas funcións, como a posibilidade de emitir a varios dispositivos á vez.
A comezos deste ano anunciárase a compatibilidade de LE Audio Auracast cos audiófonos. Agora, Android expande estas capacidades tamén a auriculares de Sony. Ademais, os teléfonos Pixel compatibles pasan a contar con soporte LE Audio Auracast, sumándose así aos dispositivos Samsung Galaxy e Xiaomi. Isto permitirá que máis persoas poidan acceder ás emisións en lugares con Auracast, xa sexa para informarse nun aeroporto, seguir visitas audioguiadas nun museo ou escoitar canles de música ou televisión no ximnasio.
Coa integración de LE Audio Auracast en Android, compartir audio cun amigo é sinxelo: pódense emparellar dous auriculares Bluetooth LE Audio a un mesmo teléfono para escoitar á vez música, películas ou podcasts en sincronía. Tamén se pode compartir con grupos, iniciando unha transmisión desde o móbil para que outros se conecten escaneando un código QR ou cun toque a través de Google Fast Pair. Deste xeito, pódese invitar a unha persoa ou a un grupo enteiro a gozar do mesmo son, sen importar a aplicación ou servizo de subscrición empregado.
Así, se hai unha nova canción que che gusta, podes convidar a un amigo a escoitala nos seus propios auriculares sen ter que prestarlle un dos teus. E se estás cun grupo de colegas, é posible crear unha emisión privada e converter a reunión nunha discoteca silenciosa: cada quen conecta os seus auriculares e todos gozan da mesma música sen molestar ao resto.
Con esta aposta, Android achega LE Audio aos teléfonos e a dispositivos emparellados como audiófonos e auriculares, construíndo unha experiencia de son máis conectada e inclusiva. 

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026
Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?