Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O IGADI presenta a nova web do Observatorio da Política China (OPCh)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O IGADI presenta a nova web do Observatorio da Política China (OPCh)

S. P.
Publicado: 09/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

observatorio_politica_china_igadi.jpgO Observatorio da Política China (OPCh), creado en 2004 polo IGADI (Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional) co apoio de Casa Asia e actual referente internacional para comprender a realidade chinesa en lingua española, presentou a nova páxina web do Observatorio da Política China (OPCh), en palabras do IGADI “un paso adiante en materia informativa e comunicativa que ofrece unha estrutura moderna e multidimensional para facilitar o acceso a contidos actualizados sobre a política chinesa”.
O portal reúne seccións clave como (Que é o Observatorio ou o apartado específico da RIBSI, a Rede Iberoamericana de Sinoloxía), ademais de organizar o seu traballo de análise e documentación en areas temáticas (pensamento político, economía, relacións internacionais, Taiwán e rexións de administración especial).
O OPCh publica regularmente informes anuais, a revista Jiexi Zhongguo, o Hebdomadario Taiwán e cronoloxías específicas, ademais de promover eventos como o Simposio Electrónico de Política China ou as Xornadas Chibérica. Ademais, as e os analistas do OPCh teñen presenza en medios de comunicación de todo o mundo.
Fundado por Xulio Ríos, presidente de honra do IGADI, o Observatorio é dirixido desde 2022 por Raquel Isamara León de la Rosa, profesora da Benemérita Universidade Autónoma de Puebla (México).
Contexto
A nova páxina encádrase no obxectivo renovado de IGADI de facilitar a comprensión, en Galicia, en España, en Europa e en Latinoamérica, da realidade chinesa, unha cuestión fundamental para o mundo hispanofalante.
Desde Galicia, o Observatorio da Política China (OPCh) posicionouse como un referente internacional para a análise da China contemporánea en lingua castelá. Creado en 2004 por iniciativa do IGADI (think tank con sede en Galicia dedicado ás relacións internacionais) e co apoio de Casa Asia, o OPCh achega máis de dúas décadas de experiencia aproximando o complexo acontecer chinés aos países de fala hispana.
O seu enfoque é marcadamente iberoamericano, contando mesmo coa RIBSI (Rede Iberoamericana de Sinoloxía) para fomentar a cooperación entre expertos de España e América Latina nos estudos sobre China.
O IGADI presenta agora a nova plataforma web do Observatorio da Política China, un portal renovado que dá un paso adiante na difusión do coñecemento sobre o xigante asiático. “Este hub dixital quere facilitar o acceso a contidos actualizados de maneira intuitiva e atractiva”, sinala o IGADI.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?