Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A capacitación dixital será o eixo dos cursos gratuítos que organiza o GALP Ría de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A capacitación dixital será o eixo dos cursos gratuítos que organiza o GALP Ría de Pontevedra

S. P.
Publicado: 15/09/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

imaxe_galp.jpg Será na recta final de setembro, os días 22, 24 e 29 deste mes, cando teña lugar a acción formativa gratuíta encamiñada a persoas autónomas e entidades asociativas da área de influencia do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro Ría de Pontevedra (GALP-RP), quen está detrás desta actividade. Indo ao curso, dicir que ten como obxectivo responder á necesidade de adquirir competencias dixitais básicas para manexarse con seguridade no profesional e asociativo da vida cotiá.
Esta formación está pensada para persoas principiantes no manexo dos trámites online. Abordaranse o uso de ferramentas como a Cl@ve PIN ou o Certificado Dixital FNMT, a descarga de documentos oficiais ou a xestión de axudas públicas específicas do sector pesqueiro. Asemade, no caso das asociacións, inclúese un módulo adicado á seguridade básica en internet e ao manexo da AutoFirma.
No caso das asociacións, a formación está deseñada para dar resposta ás súas necesidades específicas de dixitalización. As persoas que forman parte das directivas ou colaboran na xestión asociativa aprenderán a realizar trámites en liña con administracións públicas e outras entidades de maneira sinxela e rápida, o que lles permitirá gañar independencia e reducir a dependencia de terceiros. Alén disto, trataranse boas prácticas para protexer datos e comunicacións, reforzando a seguridade das entidades. Trátase de dotar ás asociacións de confianza, recursos útiles e autonomía para que poidan desenvolver a súa actividade diaria cunha maior eficacia e seguridade, fortalecendo así o seu papel na vida social e comunitaria do territorio.
Segundo David López, responsable de impartir os cursos, a formación está pensada para que todas as persoas participantes poidan seguir o ritmo sen dificultade: “As explicacións serán sinxelas, sen tecnicismos, e resolveranse as dúbidas no momento. Queremos que se sintan capaces de aplicar o aprendido desde o primeiro día”.
A través desta iniciativa, o GALP Ría de Pontevedra busca fortalecer a autonomía das persoas participantes, incrementando a súa confianza no manexo das ferramentas dixitais que, a día de hoxe, resultan imprescindibles para desenvolver calquera actividade profesional ou asociativa nun contexto crecente de dixitalización.
Lembrar que a formación para persoas autónomas celebrarase os días 22 e 24 de setembro, mentres que as sesións dirixidas a asociacións desenvolveranse os días 22, 24 e 29 de setembro. Todas elas impartiranse en horario de tarde na Aula CeMIT de Marín, situada no edificio da Biblioteca Municipal. As persoas interesadas en participar poden inscribirse na ligazón habilitada dende a web de GALP Ría de Pontevedra.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?