Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo visita a mostra dixital de Castelao
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo visita a mostra dixital de Castelao

S. P.
Publicado: 15/09/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

250915_cultura_estudantes_01av.jpgO conselleiro de Cultura e Lingua e Xuventude, José López Campos, animou aos estudantes do Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo de Bos Aires a manter vivo o legado de Castelao na Arxentina, “país no que nunca deixou de difundir e expandir o seu amor pola lingua, cultura e a terra galegas”. Así llelo transmitiu este luns 15 nun encontro na Cidade da Cultura co alumnado, que está a realizar unha viaxe de estudos á Comunidade para coñecer lugares de especial interese patrimonial e natural, así como as principais institucións culturais galegas. Tamén tiveron oportunidade de coñecer a exposición interactiva de Castelao, no Gaiás, precisamente.
O titular de Cultura do Goberno galego, acompañado polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, lembroulle a vintena de rapaces e rapazas deste centro bonaerense que a súa visita a Galicia coinciden coa celebración do Ano Castelao, co que a Xunta está a conmemorar o 75 aniversario do falecemento dunha das figuras máis senlleiras da cultura e intelectualidade de Galicia.
Salientaon o “importante papel de defensor e difusor universal da cultura e linguas galegas que desenvolveu Castelao e, dun xeito especial, na Arxentina”, en referencia aos fortes vencellos con este país, onde pasou os últimos anos da súa vida “sen desfalecer en ningún instante o seu galeguismo practicante, cuns valores imperecedoiros que vos animo a seguir mantendo acesos”.
Visita á Castelao. Mirar por Galicia
As e os estudantes, con idades comprendidas entre os 17 e 18 anos de idade, tiraron proveito da súa estancia na Cidade da Cultura de Galicia, impulsada pola Xunta de Galicia para visitar a exposición virtual Castelao. Mirar por Galicia. Trátase dunha das actividades da programación do Ano Castelo para difundir a súa figura e a súa obra facendo uso da Intelixencia Artificial e que permite interactuar cunha recreación hiperrealista do artista. A mostra pasa por ser “o primeiro proxecto galego de arte dixital que recupera a figura dunha personaxe histórica emblemática da nosa cultura con Intelixencia Artificial e cun amplo abano de tecnoloxías dixitais que inclúen hologramas, videomapping ou Realidade Virtual”.
Un dos puntos destacados desta exposición é unha instalación inmersiva con videomapping e son cadrafónico dentro dun gran cubo de papel. Neste espazo, as persoas visitantes terán a oportunidade de volver escoitar a voz de Castelao, grazas a un traballo de recreación da mesma con tecnoloxía de IA xerativa a partir do único rexistro sonoro conservado: a mensaxe, en castelán, que el mesmo gravou en fonopostal na Central de Correos de Bos Aires, co gallo da estrea de Os vellos non deben de namorarse en Montevideo en 1941.
O arquivo, conservado polo Consello da Cultura Galega, someteuse a un depurado do son para, a continuación, adestrar unha Intelixencia Artificial para reproducir con fidelidade o timbre, entoación e textura da voz, combinándoo co traballo de locutores profesionais a partir de textos de publicacións como Cousas, Sempre en Galiza, Alba de Gloria ou o Diario 1921.
A mostra Castelao. Mirar por Galicia poderá visitarse na Cidade da Cultura desde a tarde do 26 de xuño ata o 11 de xaneiro de 2026, con acceso libre e de balde, e contará no vindeiro curso cunha oferta didáctica destinada aos centros de ensino.
Dende 1998
Cómpre lembrar que o Instituto Arxentino-Galego Santiago Apóstolo puxo en marcha o seu primeiro ciclo lectivo en marzo de 1998 para atender a ampla demanda social da colectividade galega na capital arxentina e, desde entón, foi completando a súa oferta educativa ata abranguer os actuais niveis de infantil, primaria e secundaria. Desde o ano 2003, o centro de ensino conta cun Departamento de Lingua e Literatura Galega, que contribúe aínda máis a reafirmar os valores e trazos da identidade e da cultura do noso país na escola, favorecendo a súa difusión entre o seu estudantado.
O alumnado cursa nel as materias, co galego como lingua vehicular, de Lingua e Literatura, Xeografía e Historia de Galicia. Ademais, o centro conseguiu hai dous meses converterse en Centro de Convenio, dependente do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, unha categoría que o Goberno central levaba 15 anos sen outorgar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?