Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Todo o que precisamos saber sobre o Refactoring, nun curso de Vitae Consultores en outubro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Todo o que precisamos saber sobre o Refactoring, nun curso de Vitae Consultores en outubro

S. P.
Publicado: 16/09/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

refactoring_vitae_3.jpgVitae Consutores preparou para outubro unha actividade formativa para axudarnos a avanzar en excelencia, innovación e competitividade. Trátase do curso Refactoring Avanzado: Controlando o Esforzo e o Custo do Desenvolvemento de Software. Constará de 12 horas de duración e desenvolverase os días 14, 16, 21 e 23 de outubro de 2025. No curso mostrarásenos como aplicar metodoloxías de utilidade que axuden a minimizar os gastos e os recursos que investimentos no desenvolvemento dun produto tecnolóxico.
“O software”, explican dende Vitae, “é un dos custos nos que incorremos en calquera empresa que desenvolva un produto ou servizo dixital. Poñer unha determinada prestación en mans dos clientes require un tempo de definición e análise, así como un tempo de implementación e probas. Todo este tempo que tardamos en sacar a produción unha característica do noso produto é un custo que debemos manter baixo control. Neste punto, cómpre que apliquemos prácticas técnicas que nos axuden a controlar eses recursos investidos”. Para Vitae, unha das máis axeitadas prácticas técnicas das que podemos botar man é precisamente o que se coñece como Refactoring.
refactoring_vitae_2.jpgO Refactoring é unha práctica técnica cuxo obxectivo é incrementar a lexibilidade, a sustentabilidade, e a capacidade de cambio do código que escribimos contribuíndo de xeito significativo a reducir o custo de desenvolvemento futuro.
“O esforzo que investimos en Refactoring”, sinala a consultora galega a propósito deste curso, “retorna unha rendibilidade que medra co tempo, permitindo que os equipos de desenvolvemento incrementen a súa capacidade para poñer software en produción”.
refactoring_vitae.jpgOs obxectivos do curso son: coñecer que é o Refactoring e que beneficios achega a súa práctica sistemática e cotiá; coñecer e aplicar as regras de calistenia de obxectos para entender como pode mellorarse o deseño do código; identificar code smells ou síntomas de código que adoece dun deseño deficiente; e coñecer e aplicar refactors probados: aqueles que se poden aplicar de forma automática, sen risco de romper o código actual.
Ademais, esta actividade formativa permitiranos afondar na aplicación de técnicas de Refactoring avanzadas, utilizando tests como rede de seguridade.
O curso, que se vai desenvolver en formato de aula virtual con clases en directo con acceso ás sesións gravadas para a consultora, está dirixido a todos os profesionais da programación de calquera linguaxe.
Os contidos serán impartidos por Francisco Iglesias, formador e desenvolvedor que comezou no mundo da programación a mediados dos anos 80, na época dos computadores domésticos de 8 bits e estivo vencellado ao mundo da tecnoloxía desde entón. A principios dos 2000 comezou a desenvolver aplicacións web. Desde entón, traballou en varias empresas en distintas etapas de crecemento e sectores de negocio, como educación, construción, comercialización de enerxía, turismo, hostalaría ou saúde, desempeñando roles de backend developer, senior software engineer e, actualmente, staff software engineer. Ademais, levou a cabo tarefas de formación e mentoring en todas elas. Os seus máis de 20 anos de experiencia plásmanse en diversas publicacións, como o blog The Talking Bit e unha manchea de libros sobre testing, refactoring e adestramento de código. É un dos fundadores do grupo CraftersVigo, unha comunidade de programadores e programadores orientada á mellora profesional, e membro do equipo de organización da conferencia de desenvolvemento PulpoCon.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?