Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Netflix estrea unha nova ficción filmada en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Netflix estrea unha nova ficción filmada en Galicia

Redacción
Publicado: 01/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

animal_dsc_7540.jpgO vindeiro venres, Netflix estrea Animal, unha nova miniserie de comedia rodada integramente en Galicia e protagonizada polo galego Luis Zahera, coñecido polos seus papeis en Mareas Vivas, Entrevías e Vivir sin permiso. A produción, a cargo de Alea Media, mergúllase na vida de Antón, un veterinario rural que, afectado pola crise no sector agrario, vese obrigado a reinventarse profesionalmente ao aceptar un posto nunha boutique para mascotas dirixida pola súa sobriña Uxía.
aaaabusvhoukwowiln_qff70ov-umlzs_detalle.jpg A trama desenvolvese no ficticio Topomorto, construído a partir de localizacións reais en municipios da provincia da Coruña como Dioño, A Calle, Pontemaceira, Parroquia, Teo e Vedra, ademais de Santiago de Compostela. Este escenario serve de pano de fondo para unha historia que explora con humor as tensións entre tradición e modernidade, entre o mundo rural e os novos hábitos urbanos de consumo e coidado animal.
O elenco complétase con Carmen Ruiz (Amar en tiempos revueltos) e Antonio Durán Morris (Pratos Combinados, Fariña), mentres que a dirección corre a cargo de Alberto del Toro e Víctor García León, tamén guionista xunto a Ana Boyero, Araceli Álvarez de Sotomayor, Germán Aparicio e Daniel Castro. Aitor Gabilondo e Jota Aceytuno asinan a produción executiva.
aaaabycsb6ihg2uxwejhcbngemlebirl.jpg Segundo Aceytuno, a serie nace dunha reflexión provocadora: «Se un extraterrestre nos observase desde o ceo, vería a millóns de humanos paseando ás súas mascotas, recollendo os seus excrementos, levándoas ao salón de peiteado e comprándolles xoguetes. Quen son realmente as mascotas?».
Animal propón unha mirada irónica e entrañable sobre a adaptación persoal e profesional nun contexto cambiante, onde o coidado animal se converte nun reflexo das novas dinámicas sociais. A serie promete conectar co público tanto pola súa ambientación galega como polo seu ton fresco e crítico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?