Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña Estudio Inmersivo (CEI) preséntase en Iberseries como referente europeo en innovación audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Coruña Estudio Inmersivo (CEI) preséntase en Iberseries como referente europeo en innovación audiovisual

Redacción
Publicado: 02/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

iberseries_5.jpgNo marco de Iberseries, que se celebra do 30 de setembro ao 3 de outubro en Matadero Madrid, a Deputación da Coruña e Pedralonga Estudios deron a coñecer hoxe Coruña Estudio Inmersivo (CEI), un dos platós virtuais máis avanzados tecnoloxicamente de Europa.
Baixo o lema Innovación e eficiencia: descubre o futuro da produción de contidos, o acto contou coa intervención de Rosa Ana García, deputada de Emprego, Medio Ambiente e Política Demográfica da Deputación da Coruña; Miguel Ovejero, subdirector de Comunicación Audiovisual do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública; Alfonso Blanco, presidente do Clúster Audiovisual Galego; e José Manuel Deus, director xeral de Pedralonga Estudios.
Á presentación acudiron máis de medio cento de profesionais do sector audiovisual español, así como produtores de Francia, Alemaña, Estados Unidos e Portugal, ademais de medios especializados internacionais.
Rosa Ana García salientou o CEI como un exemplo de colaboración público-privada «que nos sitúa á vangarda da nova xeración de rodaxes inmersivas en Europa e que representa ademais unha gran aposta por un sector estratéxico para Galicia como é o audiovisual. Un sector que non deixa de crecer e reinventarse», afirmou.
iberseries_4_.jpg A deputada engadiu que o CEI é «un punto de encontro entre a creatividade e a tecnoloxía, que abre novas posibilidades para a industria». «Esperamos que o CEI faga que A Coruña e Galicia acollan novas produccións nacionais e internacionais, creando un ecosistema que permite combinar tanto as rodaxes físicas como as virtuais», indicou.
Coruña Estudio Inmersivo está chamado a marcar un antes e un despois na produción audiovisual en España grazas á súa infraestrutura tecnolóxica de última xeración. Entre os seus principais atractivos figura un plató virtual de 750 m² equipado cunha pantalla LED Wall semicircular de 28 metros de ancho por 6 de alto e resolución 4K, que facilita a optimización de custos e expande as opcións creativas para proxectos tanto nacionais como internacionais.
O CEI, situado na Cidade das TIC da Coruña, contou cun investimento próximo aos nove millóns de euros, financiado pola Deputación da Coruña e polo Plan de Recuperación do Goberno de España. A súa xestión corresponde a Pedralonga Estudios, sociedade creada en 2024 que integra ao Clúster Audiovisual Galego, á Universidade da Coruña e a un grupo de dez empresas audiovisuais galegas de referencia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?