Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae introdúcenos nas vantaxes de apoderamento profesional do job crafting
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae introdúcenos nas vantaxes de apoderamento profesional do job crafting

S. P.
Publicado: 07/10/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

job_crafting_vitae_3.jpgVitae Consultores vainos mergullar en novembro na técnica do job crafting ou construción de traballo: unha ferramenta que permite aos profesionais personalizar e redeseñar os seus postos laborais de maneira que se axusten mellor aos seus intereses e necesidades persoais. O curso Job Crafting: Redeseñar o posto de Traballo para aumentar a motivación, o compromiso e o desempeño dos Profesionais desenvolverase os días 11, 12 e 17 de novembro a través da aula virtual de Vitae e terá 9 horas de duración.
vitae_job_crafting_2.jpgSegundo informa a consultora tecnolóxica galega, grazas ao job crafting teremos a oportunidade de converter o traballo que temos no traballo que queremos, e para iso “resulta fundamental, en primeiro lugar, considerar as motivacións das persoas para mellorar as súas experiencias e compromiso coa organización e, en segundo lugar, estas motivacións teñen que aliñarse cos recursos e as demandas da organizacións”.
Mediante este novo enfoque do traballo a través do cambio proactivo dos postos de traballo por parte dos traballadores, o desempeño laboral de cada quen dótase de maior significado, “o que produce múltiples beneficios tanto para os traballadores como para as organizacións”, sinala Vitae, salientando vantaxes como unha maior motivación, unha mellora no benestar emocional, un aumento do compromiso e da satisfacción laboral e unha mellora do desempeño e a innovación.
“Nunha contorna laboral en constante cambio, o job crafting apodera ás persoas para tomar un rol activo na configuración da súa día a día laboral, facendo do seu traballo unha fonte de maior crecemento e satisfacción”, sinalan dende a consultora galega Vitae.
Obxectivos
job_crafting_vitae.jpg -Comprender o concepto de job crafting.
-Coñecer os beneficios que supón a implantación do job crafting para as organizacións.
-Coñecer as estratexias para implantar e propiciar o job crafting de maneira eficaz nas organizacións.
-Analizar as propias fortalezas, recursos e intereses persoais e profesionais.
-Aprender como aplicar o autocoñecemento das propias fortalezas e recursos ao redeseño do posto de traballo.
O curso está dirixido a profesionais que desexen coñecer e aplicar novas técnicas e ferramentas para mellora a calidade da súa experiencia profesional, tamén a profesionais de HR que desexen coñecer novas ferramentas para o deseño de postos de traballo nas súas organizacións, e sobre todo tamén a xefes de proxecto ou mandos que teñan baixo o seu cargo a profesionais, para que aprendan novas ferramentas de motivación, satisfacción e de mellora do rendemento dos seus colaboradores.
A persoa encargada de impartir os contidos será Silvia Moscoso, doutora en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrática de Psicoloxía do Traballo na Universidade de Santiago de Compostela. O seu ámbito de investigación é a Psicoloxía do Traballo e as Organizacións. Foi decana da Facultade de Relacións laborais desde o ano 2012 ata o 2023. Ten catro sexenios de investigación e un de transferencia do coñecemento. Publicou máis de cincuenta artigos en revistas de prestixio como o Journal of Personality and Social Psychology, Journal of Applied Psychology, Personnel Psychology, International Journal vos Selection and Assessment, European Journal of Work and Organizational Psychology ou o European Journal of Personality. Coautora de libros e capítulos de libros publicados en editoriais como Prentice-Hall, Edition dea Organization París, Routlege, Springer, Wiley-Blackwell, Psychology Press, Pirámide, Sainz e Torres.
Actualmente é editora asociada do Journal of Work and Organizational Psychology e membro do Editorial Board do Journal of Occupational and Organizational Psychology e do International Journal of Selection and Assessment. Membro da American Psychological Association, a Society of Industrial and Organizational Psychology e da European Associaton of Work and Organizational Psychology. É revisora ad hoc de revistas como a European Journal of Work and Organizational Psychology, Personality and Individual Differences e da Spanish Journal of Psychology.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?