Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pontevedra acollerá o principal congreso sobre videoxogos e estudos do xogo de España
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Pontevedra acollerá o principal congreso sobre videoxogos e estudos do xogo de España

S. P.
Publicado: 08/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

videoxogos_campus_pontevedra_congresodigraes.jpgA cidade de Pontevedra vai dar acollida en outubro ao principal congreso sobre videoxogos e estudos do xogo de España, promovido pola asociación Digraes, capítulo español da Digital Games Resarch Association (DIGRA), e polo grupo de investigación V-NPC da Universidade de Vigo. A cita será na Facultade de Comunicación entre o 22 ao 24 de outubro.
No evento exploraranse os videoxogos desde múltiples perspectivas, pondo o foco tanto nos aspectos tecnolóxicos e artísticos, como nos culturais ou sociais.
O IV Congreso Internacional Digraes reunirá, de xeito presencial e virtual, preto dun centenar de investigadores e investigadoras de diferentes países e áreas de coñecemento.
Como explica a profesora Beatriz Legerén, responsable do comité organizador, trátase da primeira edición na Universidade de Vigo dun “congreso de carácter internacional”, promovido por unha asociación de investigadores e investigadoras “do ámbito dos game studies”, que abranguen tanto “a análise dos diferentes elementos que son necesarios para crear un videoxogo”, como tamén a investigación centrada noutro tipo de xogos, como os de taboleiro.
Promovido co patrocinio da Universidade de Vigo e do Consello Social da institución académica, esta edición leva por título Estudos do xogo: encrucilladas e diálogos, co propósito de afondar nuns “conceptos clave para entender a complexidade e riqueza dos videoxogos”, sinalan desde a organización.
O congreso conta a día de hoxe con máis de 70 inscritos e inscritas, polo que a previsión da organización é que permita reunir preto dun centenar de investigadores e académicos de diferentes eidos. Trátase ademais, como sinala Legerén, dun evento “aberto á participación do alumnado”, no que intervirán, de xeito presencial ou virtual, investigadores de Arxentina, Uruguai, Dinamarca ou Estados Unidos.
A organización seleccionou 50 estudos para as 16 mesas de presentación de comunicacións que se sucederán nas tres xornadas do congreso. Estas permitirán coñecer un conxunto de investigacións centradas na historia dos xogos, na análise de xogadores, na estética dos videoxogos ou no seu deseño, produción e distribución. Do mesmo xeito, tamén haberá espazo para abordar estes produtos desde a perspectiva da filosofía e dos estudos culturas e sociais, do mesmo xeito que outras mesas centraranse nos xogos de rol, no xogo analóxico ou na ludoficción.
A presentación destes estudos desenvolverase entre o mércores 22 e o venres 24 e verase precedida, o martes 21, por unha xornada previa dirixida a que estudantes de doutoramento poidan “presentar os proxectos sobre os que están traballando e entrar en contacto con outros investigadores e investigadoras”, sinala Legerén.
Dirixido a “favorecer o intercambio de ideas, a reflexión crítica e o diálogo interdisciplinario”, este evento completarase con diferentes conferencias e mesas de debate. Así, na mañá do mércores 22, terá lugar o relatorio inaugural, a cargo de Miguel Sicart, do Center for Computer Games Research da Universidade de Tecnoloxías da Información de Copenhague. A súa conferencia verase sucedida por unha mesa de debate que buscará dar resposta á pregunta de se os videoxogos son realmente unha industria cultural, na que participará tamén Sicart, xunto con Daniel Candil, profesor do Centro Universitario Tecnocampus, e Marta Martín, da Universitat Jaume I.
Xa o xoves 23 celebrarase tamén unha conferencia do investigador arxentino Emilio Aldegani, titulada Abordaxes ontolóxicos, semióticos e socioantropolóxicos do xogo. Finalmente, o venres 24, o congreso pecharase cunha mesa de debate que afondará na “relación amor-odio” entre os videoxogos e a Intelixencia Artificial. Moderada por Alberto Murcia, da Universidad Carlos III, contará coa participación dos investigadores da UVigo Enrique Costa e Ramón Méndez e do desenvolvedor de videoxogos Pablo Monroy.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?