Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Optare Solutions, elixida para deseñar a API común de estandarización da fibra óptica almacenista en Polonia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Optare Solutions, elixida para deseñar a API común de estandarización da fibra óptica almacenista en Polonia

S. P.
Publicado: 09/10/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

optare_solutions_iberhost_nexera_polski_swiatlowod_otwarty_y_swiatlowod_inwestycje.jpgOptare Solutions, consultora de servizos de Enxeñería e TI con sede en Vigo, foi seleccionada por catro das principais operadoras almacenistas de fibra ata o fogar (FTTH) de Polonia para deseñar unha API común (Interface de Programación de Aplicacións). As firmas Fiberhost, Nexera, Polski Światłowód Otwarty e Światłowód Inwestycje impulsan esta iniciativa colaborativa co obxectivo de estandarizar as comunicacións almacenistas de FTTH no país europeo.
Dende a firma galega informan que o deseño deste estándar de comunicación agárdase que estea dispoñible de forma pública e sexa de adhesión voluntaria para todos os operadores do mercado. Engaden que “a creación desta API común é un paso estratéxico que permitirá reducir de maneira significativa o tempo e os custos de integración para os novos provedores de servizos da Internet (ISPs) e wholesalers, facilitando tamén a axilización dos procesos de acordo e a aceleración das vendas e reducindo así as barreiras de entrada e fomentando unha maior competencia no mercado polaco da fibra”.
O aplica as API Abertas de TM Forum (TM Forum Open APIs), un marco de referencia recoñecido internacionalmente na industria das telecomunicacións, o que garante, segundo subliña Optare, “que a solución sexa moderna, adaptable a cambios e demandas e que estea aliñada coas mellores prácticas globais do sector, centrándose en operacións clave como o aprovisionamento, as probas e a xestión de incidencias (ticketing) do servizo”.
Para os abonados, esta iniciativa tradúcese directamente nun mercado máis dinámico e competitivo, o que acabará por reflectirse en mellores ofertas de servizo, maior liberdade de elección e solucións máis innovadoras.
“Este esforzo conxunto subliña o noso compromiso para fomentar un mercado FTTH máis eficiente e competitivo en Polonia. Asociarnos con Optare Solutions permitiranos estandarizar nosas APIs actuais, o que beneficiará a todos os participantes e impulsará a innovación en todo o sector. O estándar estará dispoibles sen custo para todos os actores do mercado”, sinalaron os representantes dos catro principais almacenistas polacos de FTTH (Ignacio Irurita, CEO de Polski Światłowód Otwarty; Marta Wojciechowska, CEO de Fiberhost e presidenta do Management Board de Open Allies Foundation; Magda Russyan, CEO de Światłowód Inwestycje; Jacek Wiśniewski, CEO de Nexera).
Pola súa banda, Luis Alves, director xeral e director de Desenvolvemento de Negocio EMEA de Optare Solutions, sinalou que este acordo “reafirma a nosa posición como partner tecnolóxico de referencia no sector FTTH a nivel europeo. O noso coñecemento do mercado almacenista polaco permítenos deseñar un estándar que non só optimiza a eficiencia operativa dos wholesalers, senón que tamén asegura que os usuarios finais se vexan beneficiados dun ecosistema máis rápido e competitivo”.
Optare Solutions foi seleccionada para este proxecto de consultoría pola súa experiencia especializada en telecomunicacións e o seu enfoque no deseño dunha API que maximice a reutilización das interfaces existentes, incorporando os máis altos estándares. O proxecto de consultoría inclúe unha metodoloxía estruturada con análises exhaustivas e a participación activa das operadoras para o deseño exitoso do estándar unificado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?