Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O episodio final de Strangers Things poderase ver en cines
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O episodio final de Strangers Things poderase ver en cines

Redacción
Publicado: 24/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

aaaaqv1uvcpjmh_vcf_u8gaceh_d6_dq.jpgO universo de Stranger Things prepara a súa derradeira incursión na pantalla, cunha estrea simultánea en Netflix e en máis de 350 salas de cine en Estados Unidos e Canadá, iniciativa sen precedentes por parte da plataforma de streaming de Reed Hastings. O episodio final da quinta tempada, que culmina a saga iniciada en 2016, poderá verse o 31 de decembro ás 17:00 (hora do Pacífico, que en España serían as 2:00 horas do 1 de xaneiro), coincidindo coa súa dispoñibilidade global na plataforma de streaming. As proxeccións prolongaranse ata o 1 de xaneiro de 2026, converténdose nun evento colectivo para os seguidores da serie, e polo momento descoñécese se o evento presencial se replicará en salas de cine europeas.
Matt e Ross Duffer, creadores da ficción, expresaron a súa emoción por levar o desenlace á gran pantalla: «Ver o final con son envolvente, imaxe espectacular e rodeados de fans é o xeito perfecto —e, se se nos permite dicilo, caralludo— de celebrar esta aventura».
A historia retoma os feitos no outono de 1987, cun Hawkins marcado pola apertura dos Rifts e a desaparición de Vecna, cuxos plans permanecen ocultos. A cidade está baixo corentena militar e Once volve agocharse mentres se achega o aniversario da desaparición de Will. A ameaza final, máis poderosa e letal ca nunca, obriga a reunir a todo o grupo por última vez.
O elenco principal regresa para esta despedida, incluíndo a Winona Ryder, David Harbour, Millie Bobby Brown, Finn Wolfhard, Gaten Matarazzo, Sadie Sink e Jamie Campbell Bower, entre outros. Tamén se incorporan novas caras como Linda Hamilton no papel da Dra. Kay.
A tempada final distribuirase en tres entregas: os primeiros catro episodios o 27 de novembro, tres máis o 26 de decembro, e a grande final en Aninovo (ás 2:00 horas en todas as ocasións, xa que Netflix programou que a estrea da serie fose global).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?