Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto AI-VIDDA Premio Comunidade CSG en RIES 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto AI-VIDDA Premio Comunidade CSG en RIES 2025

S. P.
Publicado: 27/10/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ai-vidda_balidea_premio_forum_ries.jpgO proxecto AI-VIDDA, que busca desenvolver solucións tecnolóxicas e biotecnolóxicas para mellorar a calidade de vida das persoas maiores, e no que participan en consorcio cinco empresas galegas, recibiu o pasado mércores 15 de outubro, na gala de entrega de premios do Fórum RIES, o Premio #RIES25 Comunidade CSG, que pon en valor aqueles proxectos máis comprometidos coa Comunidade da Agrupación industrial Saúde de Galicia.
AI VIDDA trátase dunha iniciativa conxunta de investigación aplicada que ten como principal obxectivo o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas e biotecnolóxicas que melloren a calidade de vida das persoas maiores desde distintos enfoques, con especial atención á prolongación da autonomía e os anos de vida saudable.
O proxecto, que se enmarca nas Misións de Especialización Intelixente de Galicia e está financiado pola Xunta de Galicia e fondos europeos a través do programa operativo FEDER Galicia 2021-2027, está impulsado por seis empresas: DomusVi (líder do proxecto), Balidea, ADOC, Big Formación, Inova e Hifas da Terra. Cada unha delas achega a súa experiencia en ámbitos como a atención sociosanitaria, a Intelixencia Artificial, a nutrición, a fabricación de dispositivos, a análise de datos ou a transformación dixital.
Segundo explicou María del Carmen López Pérez, responsable da área de Investigación, Desenvolvemento e Innovación de Balidea, “encargámonos de desenvolver axentes conversacionais multilingües especializados en contextos sociosanitarios, con aplicacións orientadas a avaliar a calidade de vida, acompañar, seguir e facer monitoraxe ás persoas maiores, e predicir as necesidades de coidados a partir da análise de interaccións de voz”.
As empresas sinalaron que “a obtención deste premio nun foro internacional de referencia como RIES demostra que imos polo camiño correcto e impúlsanos a seguir traballando neste ilusionante proxecto para a construción dun ecosistema económico e social enfocado en dar resposta ás necesidades reais da poboación maior”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?