Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación da Coruña e a Cámara de Santiago impulsan máis de 200 accións de apoio a persoas emprendedoras
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación da Coruña e a Cámara de Santiago impulsan máis de 200 accións de apoio a persoas emprendedoras

S. P.
Publicado: 29/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_coruna_camara_santiago_ies_porto_do_son_22_out._1.jpgA Deputación da Coruña e a Cámara de Comercio de Santiago impulsan máis de 200 accións de apoio a persoas emprendedoras nos primeiros catro meses do programa Provincia Emprendedora, impulsado polas dúas entidades para achegar asesoramento personalizado.
A iniciativa abrangue un total de 32 concellos da provincia (A Baña, A Pobra do Caramiñal, Ames, Arzúa, Boimorto, Boiro, Boqueixón, Brión, Carnota, Dodro, Lousame, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, O Pino, Outes, Padrón, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Touro, Toques, Vedra e Vilasantar) e ten como obxectivo principal apoiar e promover o emprendemento e a actividade empresarial como motor de creación de emprego estable, riqueza e desenvolvemento socioeconómico, especialmente nos municipios máis pequenos e no medio rural.
O programa, conveniado coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ofrece un servizo integral 360º que abrangue todas as fases da creación e consolidación empresarial. A súa actividade céntrase en tres grandes ámbitos: o fomento do espírito emprendedor no eido educativo, con accións dirixidas ao alumnado e profesorado de secundaria e bacharelato dos institutos da provincia para promover o emprendemento como opción profesional de futuro; o asesoramento e acompañamento empresarial, que presta apoio directo a persoas emprendedoras e pequenas empresas que buscan poñer en marcha ou consolidar os seus proxectos; e o apoio na procura de financiamento, facilitando o acceso a liñas de crédito e recursos económicos que impulsen o crecemento das novas iniciativas.
Durante os primeiros catro meses de vixencia realizáronse máis de 200 accións individualizadas de asesoramento en sectores tan diversos como o audiovisual, as Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), o comercio, o comercio internacional, a hostalaría, a construción ou os servizos profesionais.
Os proxectos participantes poden optar aos Premios Provincia Emprendedora, que se entregarán no marco do Demo Day, un encontro que se celebrará na primavera de 2026 e que reunirá a persoas emprendedoras, empresariado, administracións e posibles investidores.
A Deputación fixo saber que nos últimos meses estanse a realizar tamén actividades formativas en centros educativos da provincia, co obxectivo de fomentar o espírito emprendedor entre a mocidade e impulsar o autoemprego como opción de futuro.
O programa Provincia Emprendedora enmárcase na colaboración que a Deputación da Coruña mantén coa Cámara de Comercio de Santiago a través do Coworking Dixital Compostela, integrado na Rede Provincial de Coworking, un proxecto pioneiro en Galicia creado no marco do Plan de Emprego Local (PEL).
A rede de espazos de traballo colaborativo da Deputación, posta en marcha no ano 2019, conta actualmente con once espazos activos entre coworkings, viveiros de empresas e espazos colaborativos especializados, que ofrecen apoio técnico, formación e asesoramento a emprendedores e pequenas empresas de toda a provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?