Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CSAG contará cun orzamento de 140 millóns de euros para afrontar os retos da nova sociedade dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

A CSAG contará cun orzamento de 140 millóns de euros para afrontar os retos da nova sociedade dixital

Redacción
Publicado: 31/10/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

a1e42ce9-268c-47b9-7f7e-9098e30a.jpgA Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG) contará cun orzamento de 140 millóns de euros para o exercicio 2026, o que supón un incremento do 3,1 % respecto ao ano anterior. Así o anunciou a directora xeral da entidade, Mª Concepción Pombo Romero, durante a súa comparecencia no Parlamento de Galicia, onde presentou as liñas principais das contas da corporación recentemente creada.
Segundo explicou Pombo, este orzamento reflicte o compromiso da CSAG cos catro vectores da Estratexia Dixital de Galicia 2030: igualdade dixital, foco nas persoas, impulso dun ecosistema dixital forte e liderado dixital. «O orzamento incorpora a modernización tecnolóxica e a innovación como eixe da actividade da CSAG, potencia os servizos informativos como núcleo da prestación e determina unha nova actuación focalizada na dixitalización do arquivo da CSAG, ademais de potenciar o traballo nas redes sociais como instrumento para a provisión de contidos», afirmou.
Entre as partidas máis destacadas figuran os 64 millóns de euros destinados á compra de contidos e servizos exteriores, o que representa o 45 % do total. Dentro desta categoría, 45 millóns irán dirixidos á adquisición de cine, series de ficción, documentais e contidos de entretemento para televisión e plataformas dixitais como AGalega.gal, AGalegaAudio.gal e Xabarín.gal.
A dotación para persoal mantense en 58 millóns de euros, o 41 % do orzamento, consolidando o vínculo fixo da totalidade do cadro de traballadores. En palabras da directora xeral, «estamos ante un novo escenario que consolida o vínculo fixo da totalidade do cadro de persoal como unha actuación estrutural e en continuidade».
Ademais, 12,3 millóns de euros están reservados como achegas patrimoniais, en previsión do litixio aberto entre as televisións públicas e a Facenda do Estado pola reclamación do IVE. Esta provisión permitirá garantir a continuidade do servizo público, independentemente do resultado do conflito xudicial.
Pombo tamén salientou os resultados dixitais acadados pola corporación na temporada 2024-2025, con 848 millóns de impresións e 730 millóns de visualizacións nas redes sociais, o que supón incrementos do 121 % e do 153 %, respectivamente, respecto ao período anterior. «A realidade é que, analizando o ecosistema real de audiencias que hoxe se compón da televisión e da radio medidas de forma convencional, e das audiencias dixitais, o que está claro, sen ningún xénero de dúbidas, é que a Corporación está no momento de maior expansión e alcance da súa historia», concluíu.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?