Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra organiza dous obradoiros de competencias dixitais na súa Aula CeMIT
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra organiza dous obradoiros de competencias dixitais na súa Aula CeMIT

S. P.
Publicado: 03/11/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

smart_peme_deputacion_pontevedra.jpgA Deputación de Pontevedra organiza entre o 10 e o 20 de novembro dous obradoiros formativos en competencias dixitais que terán lugar de forma presencial na Aula CeMIT, situada no Edificio Administrativo da Deputación na cidade de Pontevedra. As accións forman parte do programa YoConecto promovido pola Fundación Cibervoluntarios, con 20 prazas dispoñibles para cada unha. Os participantes recibirán cadanseu certificado oficial ao seu remate.
O primeiro curso, Crea contido con intelixencia artificial, está dirixido a persoas de 18 a 59 anos de idade e celebrarase do 10 ao 13 de novembro a partir das 10:00 horas. Nel, os participantes poderán aprender a empregar diferentes ferramentas de intelixencia artificial para crear imaxes, vídeos, etcétera.
A segunda actividade formativa, A túa banca dixital. Compras seguras en liña, está dirixida a persoas maiores de 60 anos e celebrarase do 17 ao 20 de novembro tamén a partir das 10:00 horas. Entre os contidos da formación abordaranse diferentes aspectos sobre a banca en liña e o seu uso, compras e certificados dixitais, entre outros. As inscricións para os dous obradoiros xa están abertas no sitio web da Aula CeMIT.
YoConecto é un proxecto que impulsa a formación de balde en competencias dixitais básicas, adaptada a distintos niveis e públicos. A través destas formacións búscase favorecer a inclusión dixital, reducir a fenda dixital e xerar novas oportunidades persoais, sociais e profesionais. As persoas participantes aprenderán a desenvolverse con seguridade nas contornas dixitais, realizar xestións en liña, comunicarse a través de diferentes medios e incorporar ferramentas dixitais na súa vida cotiá. Estas actuacións forman parte da iniciativa Xeración D (Generación D), impulsada por Red.es, e están financiadas polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través dos fondos Next Generation.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?