Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: En la más vil ruina, The Piano e Adiós triunfan no IX Festival Internacional de Animación Animacción
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

En la más vil ruina, The Piano e Adiós triunfan no IX Festival Internacional de Animación Animacción

Redacción
Publicado: 03/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

573059279_1531774698437009_1809290534969088666_n.jpgO Festival Internacional de Animación Animacción pechou a súa novena edición coa entrega dos premios aos mellores curtametraxes, nunha edición que reuniu arredor de mil asistentes ao longo de seis días de programación.
O galardón do Público na sección xeral foi para En la más vil ruina, do director Gabriel Molinaro, que explora as vidas de tres mozos (Tomás, Rafa e Mónica) na súa procura dun rumbo vital. Na sección infantil, o público escolleu The Piano, de Avery Kroll, unha historia sobre o vínculo entre un pai e a súa filla arredor da música, transmitido de xeración en xeración.
574246216_1531774648437014_6772058163830785978_n.jpg O Premio do Xurado recaeu en Adiós, de José Prats, distinguido pola súa sensibilidade ao retratar «a evolución e a complexidade da relación entre un pai e o seu fillo».
O tribunal profesional tamén concedeu dúas mencións especiais: na categoría xeral recoñeceu Buffet Paraíso, de Santi Amézqueta e Héctor Zafra, pola súa «magistralidade, plasticidade técnica e potencia» na representación dunha historia ambientada nun bufé cheo de gula; mentres que na categoría infantil destacou Bidouille, de Emi Inohana e Morgane Holsters, pola súa «capacidade de atrapar á audiencia con suspense e humor desde unha situación cotiá».
O Concurso de Cortinillas do festival tivo como gañador a Pedro Terrados.
animaccion-ultimaxornada3.jpg Ademais das proxeccións a concurso, o programa de Animacción incluíu unha ampla variedade de actividades: pases especiais de The Wanted 18 e The Tower dentro do proxecto Palestina Animado; as obras Flow e Memorias de un caracol; e unha selección do palmarés do festival portugués CINANIMA 2024. O público puido asistir tamén ás charlas dos directores Salvador Simó e Juan Pablo Zaramella.
O xurado desta edición estivo formado polo propio Zaramella, pola docente e artista Elena López González e polo animador e model maker Jorge Rodríguez Gorka.
A directora do festival, Eva Bello, celebrou os resultados desta edición e agradeceu «a implicación do público, dos autores e das institucións que fixeron posible poñer en valor o sector da animación e amosar o potencial dunha nova xeración de creadores».
Animacción está organizado pola asociación Ánimas Anónimas, integrada por directores, produtores e animadores galegos que, ao longo do ano, promoven actividades, proxeccións e iniciativas como Mcguffin, un reto aberto a novos talentos e profesionais da animación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?