Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Emma Lustres, Medalla de Ouro nos Premios Forqué pola súa traxectoria no audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Emma Lustres, Medalla de Ouro nos Premios Forqué pola súa traxectoria no audiovisual

Redacción
Publicado: 13/11/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emma_lustres_n1_2272.jpgA produtora galega Emma Lustres será distinguida coa Medalla de Ouro na 31ª edición dos Premios Forqué, un recoñecemento que entregará o consello de administración de EGEDA durante a gala prevista para o 13 de decembro no Palacio Municipal IFEMA Madrid. A entidade destaca así a traxectoria dunha das figuras clave da produción cinematográfica española contemporánea, co seu constante apoio ao sector e a defensa activa dos dereitos dos produtores.
A homenaxe reforza unha carreira marcada polo impulso de proxectos que deixaron pegada no cine español recente e polo papel determinante que tivo Lustres no desenvolvemento de Vaca Films, produtora que fundou en 2003 xunto con Borja Pena. Desde entón, a compañía converteuse nun referente da ficción independente, con títulos que acadaron importantes éxitos de público e presenza en festivais internacionais de primeira liña como Venecia, Toronto, Berlín ou San Sebastián.
Ao longo destes anos, Lustres tamén foi recoñecida con distintas distincións institucionais, entre elas a Medalla Castelao outorgada pola Xunta de Galicia polo seu labor no ámbito artístico e cultural.
O traballo de Vaca Films destaca pola produción de longametraxes de grande impacto como Hasta el cielo e Cien años de perdón, de Daniel Calparsoro; El desconocido, de Dani de la Torre; Celda 211 e El niño, de Daniel Monzón; ou Quien a hierro mata, de Paco Plaza. A isto súmanse as súas liñas de creación para plataformas a través de Vaca TV, Vaca Net TV e Vaca Docs, das que xurdiron series de éxito como El desorden que dejas (Netflix), La Unidad (Movistar+), Hasta el cielo: la serie (Netflix) ou Clanes, creada por Jorge Guerricaechevarría, da que pronto se coñecerán novidades sobre a segunda tempada.
En non ficción, Vaca Docs produciu El circo de los muchachos para Amazon Prime. Ademais, a produtora prepara novas estreas para finais de ano, entre elas Golpes, debut na dirección do guionista Rafael Cobos con Luis Tosar e Jesús Carroza, e Dímelo bajito para Amazon Prime, á que seguirá Dímelo en secreto, actualmente en rodaxe.
Fiel á súa filosofía de independencia, Vaca Films mantivo sempre o control accionarial nos seus socios fundadores, consolidando un modelo que lle permitiu acadar máis de cincuenta millóns de euros de recadación en salas en España e distribuír os seus contidos en todo o mundo a través de plataformas como Netflix, Amazon ou HBO e distribuidores internacionais como Sony, Disney, Universal, Fox ou StudioCanal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?