Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Red.es inicia o programa de Servizos Dixitais Intelixentes no Sistema Nacional de Saúde coa Xunta de Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Red.es inicia o programa de Servizos Dixitais Intelixentes no Sistema Nacional de Saúde coa Xunta de Galicia

S. P.
Publicado: 26/11/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

María González Veracruz
María González Veracruz
Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública e o Ministerio de Sanidade puxeron en marcha o Programa para o desenvolvemento de servizos dixitais intelixentes no Sistema Nacional de Saúde na Comunidade Autónoma de Galicia. Unha iniciativa que se enmarca dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) financiada con fondos FEDER 2021-2027 dotada cun orzamento total de 223 millóns de euros extras para o Sistema Nacional de Saúde.
Este martes 25 de novembro a presidenta de Red.es e secretaria de Estado de Dixitalización e Intelixencia Artificial, María González Veracruz mantivo unha reunión de arranque do programa para o desenvolvemento de servizos dixitais intelixentes no Sistema Nacional de Saúde de Galicia xunto co secretario xeral de Saúde Dixital, Información e Innovación do Sistema Nacional de Saúde do Ministerio de Sanidade, Juan Fernando Muñoz e co subdirector xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, Benigno Rosón.
“O esforzo que está a facer o Goberno de España en dixitalizar a saúde supón mellorar a vida da cidadanía e o noso sistema público sanitario. Imos ser capaces, grazas á intelixencia artificial e á dixitalización, de predicir enfermidades, de monitorar enfermidades crónicas… é dicir, unha serie de innovacións ás que damos un novo impulso xunto ás comunidades autónomas para seguir situándonos en Europa como un dos referentes en saúde dixital”, sinalou González Veracruz antes da reunión que deu comezo ao convenio asinado entre Red.es, o Ministerio de Sanidade e a Xunta de Galicia.
Pola súa banda, o secretario xeral Juan Fernando Muñoz destacou a aprobación o pasado 12 de novembro polo Consello Interterritorial do SNS da Estratexia de Intelixencia artificial no SNS, para impulsar o uso ético e responsable da IA no SNS, apoiando os profesionais e reforzando a equidade do sistema e mellorando o benestar da cidadanía, así como o esforzo do Ministerio de Sanidade para cubrir o co-financiamento nacional asociado aos fondos FEDER para todas as comunidades autónomas.
O programa de Servizos Dixitais Intelixentes no Sistema Nacional de Saúde finánciase por Red.es (entidade adscrita ao Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública) con fondos FEDER e polo Ministerio de Sanidade. As CCAA poden acceder a este financiamento a través dun convenio de colaboración co Goberno de España. Unha vez asinado o acordo e postas en marcha as actuacións, a administración de cada Comunidade Autónoma deberá xustificar as actuacións levadas a cabo no marco do convenio.
No caso de Galicia, a firma do convenio permitirá dispoñer de 9,3 millóns de euros extra para a modernización da sanidade.
Os convenios terán unha duración de catro anos e entre as principais liñas de actuación, contémplase a implantación de programas de monitoraxe remota de patoloxías crónicas, o uso de analítica avanzada en saúde, e o desenvolvemento de casos de uso baseados en IA, enfocados á axuda ao diagnóstico e a detección precoz, así como no apoio aos profesionais sanitarios, especialmente en atención primaria entre outras aplicacións.
Entre os casos de uso incluiranse os destinados ao diagnóstico e seguimento de enfermidades raras. E unha vez desenvolvidos, poñeranse ao dispor de todas as administracións sanitarias.
Búscase ademais facilitar a implantación de programas de telecuidados, promovendo un modelo de atención máis personalizado, accesible e sostible.
Estes esforzos teñen como finalidade “desburocratizar a atención sanitaria, liberar tempo dos profesionais e garantir a equidade na prestación de servizos médicos en todas as Comunidades Autónomas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?