Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Pedralonga Estudios reforza o seu equipo e estará presente en FOCUS 2025
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Pedralonga Estudios reforza o seu equipo e estará presente en FOCUS 2025

Redacción
Publicado: 03/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cei_aboutus_2_md.jpgPedralonga Estudios, o novo hub de produción audiovisual galego, vén de confirmar a súa participación en FOCUS 2025, a feira internacional dedicada á creación, produción e promoción de contidos de pantalla que se celebra cada ano en Londres. A presenza na 11ª edición do foro, prevista para os días 8 e 9 de decembro, reforza a súa aposta pola proxección exterior e pola incorporación definitiva do complexo ao mapa europeo de infraestruturas para rodaxes, liderado polo Coruña Estudio Inmersivo (CEI), considerado o plató virtual mellor equipado de España para cine, televisión e formatos inmersivos.
Nos últimos meses, o complexo acolleu escenas do filme Dímelo en secreto, un Original de Prime Video producido por Vaca Films que adapta a segunda entrega da triloxía Dímelo de Mercedes Ron, así como varias das campañas máis recentes de Zara Kids (The winter project) e Pull&Bear, ambas do Grupo Inditex, que recorreron ás capacidades de produción virtual e integración dixital do CEI.
pedralonga-anxo-noya.jpg Na súa estratexia de crecemento, Pedralonga Estudios vén de reforzar o equipo con dous perfís clave: Anxo Noya, que asume a dirección técnica do complexo, e Laura Pazienza, que se incorpora como coordinadora de produción. Noya conta cunha extensa traxectoria en operacións técnicas e en produción audiovisual, iniciada como técnico electrónico na TVG e consolidada en Voz Audiovisual, onde foi director técnico e responsable do deseño, implementación e explotación da cadea privada V Televisión. A súa experiencia resulta determinante para a posta en marcha e o funcionamento das instalacións técnicas do estudio.
pedralonga-laura-pazienza.jpg Pola súa banda, Pazienza achega unha ampla bagaxe en produtoras de animación e estudios de VFX como El Ranchito, Antaruxa ou Undodez, onde exerceu a dirección de produción das series infantís Bibopalula (2024), Bechos T2 (2025) e Pipo (2025). Habitual de mercados como Annecy-MIFA, Series Mania Forum ou Mipcom, a súa chegada permitirá incrementar a capacidade de Pedralonga Estudios para xestionar proxectos complexos e ofrecer servizos integrais a produtoras interesadas en rodar en España con soporte técnico especializado.
Dado que moitos profesionais aínda non tiveron ocasión de traballar nun estudio inmersivo, o equipo do CEI mantén unha actividade constante de acompañamento con demostracións e casos prácticos que amosan como esta tecnoloxía se adapta a calquera formato audiovisual (cine, series, publicidade, animación, e-games ou contidos de marca) e como permite recrear todo tipo de localizacións, desde contextos históricos ou cotiás ata escenarios futuristas ou ambientes naturais de gran detalle.
O director xeral de Pedralonga Estudios, José Manuel Deus, subliña que «a maioría dos produtores ven dous ou tres exemplos para comprobar o potencial real do CEI e entenden axiña que poden producir máis rápido, con mellores resultados e cun aforro moi significativo. Podemos recrear practicamente calquera contorno ou época, e traballamos con proxectos e orzamentos moi diversos. Canto antes poidamos entrar nun proxecto, idealmente desde guión, maior é o impacto en eficiencia de tempo e diñeiro, cun estándar de calidade difícil de igualar. Moi poucos centros europeos se achegan ao que o CEI pon a disposición da industria audiovisual».
Co reforzo do seu cadro directivo e cun calendario internacional xa confirmado, Pedralonga Estudios consolida a súa folla de ruta para se posicionar como un centro produtivo de referencia no mercado audiovisual europeo, apoiándose en vantaxes competitivas como a eficiencia de custos (con aforros que poden chegar ao 65 %), as súas capacidades técnicas para produción híbrida (virtual e convencional) nun mesmo ecosistema e unha infraestrutura deseñada para acoller proxectos de calquera xénero e dimensión, impulsando así a competitividade e o desenvolvemento do audiovisual galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?