Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Kate Adams e Lisa Jackson deixarán Apple en 2026
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Kate Adams e Lisa Jackson deixarán Apple en 2026

Redacción
Publicado: 04/12/2025
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

katherine_adams_lisa_jackson.jpgApple anunciou unha profunda reestruturación na súa dirección executiva coa incorporación de Jennifer Newstead como nova directora xeral xurídica a partir do 1 de marzo de 2026, etapa na que asumirá tamén a responsabilidade de Asuntos Gobernamentais. Newstead unirase á compañía xa en xaneiro como vicepresidenta sénior, integrándose no equipo executivo e reportando directamente ao conselleiro delegado, Tim Cook.
O movemento prodúcese no marco da retirada paulatina de Kate Adams, actual conselleira xeral de Apple desde 2017, que continuará na empresa ata finais de 2026 supervisando a área de Asuntos Gobernamentais durante o proceso de transición.
A compañía confirmou igualmente a retirada de Lisa Jackson, vicepresidenta de Medio Ambiente, Políticas e Iniciativas Sociais, que deixará o seu posto a finais de xaneiro de 2026. As responsabilidades ambientais e sociais pasarán a depender do director de operacións Sabih Khan.
Este anuncio realízase nun momento bastante sensible para a compañía de Cupertino, pois esta semana non só anuncian a marca de Kate Adams e Lisa Jackson, senón que tamén se confirmou a retirada de John Giannandrea e deuse a coñecer a partida de Alan Dye, o que sumado ao ruxerruxe de que Tim Cook podería deixar a dirección xeral da compañía na primeira metade de 2026, confirma os ventos de cambio en Apple.
Tim Cook salientou a relevancia da contribución de Adams á protección da privacidade dos usuarios e á defensa da capacidade de innovación da empresa: «Kate foi unha parte integral da compañía durante boa parte dunha década, ofrecendo asesoramento crítico e defendendo sempre o dereito dos nosos clientes á privacidade e o dereito de Apple a innovar». Sobre a marcha de Jackson, Cook destacou o seu papel clave na redución de máis do 60 % das emisións globais de gases de efecto invernadoiro respecto de 2015: «Foi unha socia estratéxica imprescindible na relación cos gobernos e na defensa dos valores da compañía».
O conselleiro delegado tamén celebrou a chegada de Newstead: «Non poderiamos estar máis satisfeitos coa incorporación de Jennifer. Achega unha profundidade extraordinaria de experiencia e habilidades, e liderará o importante traballo de Apple en todo o mundo. A súa experiencia en asuntos internacionais convértea na persoa indicada para dirixir os equipos Legal e de Asuntos Gobernamentais, cuxas áreas se solapan cada vez máis».
Newstead, que foi directora xeral xurídica en Meta e ocupou cargos de alta responsabilidade no Departamento de Estado dos Estados Unidos e noutras institucións federais, sinalou que se sente honrada por unirse á compañía: «Admirei durante moito tempo o foco de Apple na innovación e o seu forte compromiso cos seus valores e cos seus usuarios. É unha honra liderar un equipo extraordinario dedicado a facer cada día o que mellor serve aos intereses dos usuarios da compañía».
Pola súa banda, Kate Adams recoñeceu que formar parte de Apple foi «un dos grandes privilexios» da súa vida profesional e expresou a súa confianza na sucesora: «Jennifer é un talento excepcional e estou segura de que deixo o equipo nas mellores mans». Jackson tamén se despediu agradecendo a oportunidade de liderar o labor ambiental e social da empresa: «Traballei con líderes que entenden que reducir o impacto ambiental é bo para o planeta e tamén para o negocio. Teño plena confianza en que Apple continuará a ter un impacto positivo profundo no planeta e na súa xente».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?