Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: OU-Intelixente leva aos concellos pequenos de Ourense recursos tecnolóxicos avanzados para a xestión da auga
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

OU-Intelixente leva aos concellos pequenos de Ourense recursos tecnolóxicos avanzados para a xestión da auga

S. P.
Publicado: 04/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_ourense_dixitalizacion_auga_251204_perte_01.jpgO presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, inaugurou este xoves 4 de decembro no Centro Cultural Marcos Valcárcel a xornada técnica do proxecto OU-Intelixente: A Provincia da Auga, unha iniciativa que foi seleccionada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) na primeira convocatoria do PERTE de dixitalización do ciclo da auga, acadando a mellor puntuación de Galicia e a segunda mellor a nivel estatal.
Durante a apertura, Luis Menor destacou que se trata dun “proxecto estratéxico para garantir unha xestión máis eficiente, segura e sostible dun recurso esencial como é a auga, especialmente nun territorio caracterizado pola dispersión municipal e pola necesidade de modernizar infraestruturas”. De feito, o presidente provincial subliñou que “este proxecto permitirá que concellos pequenos conten cos mesmos recursos tecnolóxicos que os grandes municipios, garantindo igualdade territorial e un servizo público máis moderno e eficaz”.
Engadiu que o proxecto OU-Intelixente conta cun financiamento global superior aos 13 millóns de euros, dos que 7,75 millóns proceden do MITECO e 5,73 millóns son achegados pola Deputación de Ourense.
A iniciativa baséase nun modelo de cooperación público-privada, permitindo incorporar tecnoloxías avanzadas e capacidades técnicas que garantan unha transformación real dos sistemas de captación, abastecemento e depuración.
deputacion_ourense_dixitalizacion_auga_251204_perte_02.jpgEntre as actuacións previstas destacan a implantación da telelectura, a dixitalización integral das infraestruturas municipais, e a creación do Centro Intelixente para a Xestión Provincial da Auga – AquaOu, que centralizará información, monitoraxe e soporte técnico en tempo real para todos os concellos da provincia.
Segundo se expuxo na xornada, o “proxecto avanza a bo ritmo”, e AquaOurense xa completou o 90% das contratacións de subministracións e servizos, incorporando ademais seis profesionais especializados que executan tarefas de revisión, formación e coordinación cos municipios implicados.
Esta parte da xornada foi presentada por Javier Bobe, director da Área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, e por Víctor Comesaña, xerente de AquaOurense, quen ofreceron unha explicación detallada do estado actual e dos progresos acadados polo proxecto. Expuxeron que OU-Intelixente acumula xa “un importante avance técnico, operativo e administrativo” e que “un dos piares fundamentais é a implantación da telelectura domiciliaria, coa instalación de 48.000 contadores intelixentes, o que representa un 73% do total previsto, e que permitirá unha xestión máis eficiente do consumo de auga”.
deputacion_ourense_dixitalizacion_auga_251204_perte_03.jpgDe xeito paralelo avanzan as actuacións de dixitalización das redes de abastecemento e depuración, que xa abranguen máis de 50 concellos e permiten optimizar 109 depuradoras, 20 bombeos e outras infraestruturas críticas da provincia, sinalaron, salientando ademais a monitoraxe avanzada das captacións na comarca de Valdeorras, con catorce puntos controlados en tempo real, así como o sistema pioneiro de vixilancia de blooms algais no encoro das Conchas, actualmente ao 90% de execución.
O proxecto reforza ademais a medición intelixente nos puntos de entrega municipal, con 219 localizacións monitorizadas, e impulsa o desenvolvemento das plataformas dixitais de telecontrol e de seguimento de indicadores, que “xa presentan un avance significativo e que permitirán centralizar nunha única interface os datos de depuración, abastecemento e consumo”, explicaron, engadindo que “todo este ecosistema dixital integrarase no Centro Intelixente para a Xestión Provincial da Auga – AquaOU, que albergará a xestión operativa en tempo real e funcionará como un espazo aberto á cidadanía, pensado para transparentar e poñer en valor a importancia dunha xestión eficiente da auga no territorio”.
Na xornada realizouse unha demostración práctica desta plataforma, unha ferramenta que deixará de ser un concepto para converterse nunha realidade tanxible neste centro.
Nas súas declaracións, o xerente de AquaOurense, Víctor Comesaña, subliñou que esta iniciativa supón “unha das transformacións máis importantes da xestión hídrica en Ourense”, destacando que a dixitalización permitirá anticiparse ás necesidades, mellorar a eficiencia e garantir un servizo máis seguro e transparente. Engadiu ademais que a plataforma dixital presentada este xoves 4 de decembro “será unha realidade no Centro OU-Intelixente, chamado a converterse no corazón tecnolóxico da xestión da auga na provincia”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?