Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os Globos de Ouro encaran a súa edición máis dixital e galega
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Os Globos de Ouro encaran a súa edición máis dixital e galega

Marcus Fernández
Publicado: 09/12/2025
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mab_6514.jpgOs Globos de Ouro veñen de anunciar as súas candidaturas para a 83ª edición, que se celebrará o 11 de xaneiro de 2026 en Los Ángeles. A listaxe confirma o que xa é unha realidade: as plataformas de streaming son hoxe o motor da industria audiovisual, e a súa pugna por liderar o mercado reflíctese directamente no palmarés.
Netflix encabeza as candidaturas con 35 propostas, consolidando a súa posición como a gran forza global. Apple TV+ segue con 14 candidaturas, reforzando o seu catálogo con títulos como Separación, Slow Horses ou F1. Warner Bros./HBO, pola súa banda, suma 31 candidaturas, con The White Lotus e Sinners como estandartes.
Este reparto chega nun momento clave: Netflix e Warner están a negociar unha futura fusión, e os Globos de Ouro funcionan como escaparate da súa capacidade de produción e influencia. A batalla polo liderado no streaming non só se libra nas pantallas, senón tamén nos despachos.

Contidos
  • A revolución dos podcasts
  • Galicia no mapa global

A revolución dos podcasts

globos_ouro_podcasts.jpgPor primeira vez, os Globos de Ouro inclúen unha categoría dedicada aos podcasts, recoñecendo o impacto deste formato na cultura dixital. Entre os nomeados figuran Armchair Expert with Dax Shepard, Call Her Daddy e Smartless. A decisión marca un punto de inflexión: os premios abren a porta a un novo ecosistema mediático no que o audio baixo demanda gaña protagonismo, aínda que os Globos de Ouro introducen este formato dun xeito moi tímido, esquecendo totalmente os podcasts de máis éxito, que destacan polo contido político e/ou polémico.

Galicia no mapa global

A sorpresa máis celebrada en clave galega son as candidaturas de Sirāt, dirixida por Óliver Laxe, na categoría de Mellor Película en Lingua Non Inglesa e na de Mellor Banda Sonora Orixinal. A produción, rodada en España, sitúa Galicia no mapa internacional e confirma a capacidade de Laxe para conectar coa crítica e co público global.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?