Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Adxudícase a compra dun novo computador cuántico para o CESGA por máis de 9 millóns de euros
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Adxudícase a compra dun novo computador cuántico para o CESGA por máis de 9 millóns de euros

Redacción
Publicado: 15/12/2025
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

computador_cuantico_qmio_en_cesga.jpgA Xunta de Galicia vén de adxudicar a adquisición do novo computador cuántico do CESGA por máis de 9 millóns de euros a Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España S.A.U. A nova infraestrutura, que supón unha mellora respecto do actual ordenador cuántico Qmio, contará con 32 bits cuánticos e localizarase no futuro edificio do CESGA que se está a construír no polígono da Sionlla, en Santiago de Compostela, onde estará instalada e operativa ao longo de 2026.
Este novo equipamento permitirá impulsar o desenvolvemento do ecosistema de computación cuántica e contribuír ao liderado de Galicia neste ámbito, ao tempo que completa a oferta actual do centro, dependente da Xunta de Galicia e do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Ademais, axudará a manter e reforzar a competitividade dos centros de investigación, dos centros tecnolóxicos e das empresas, tanto no ámbito autonómico como no nacional, ao poñer á súa disposición unha infraestrutura científica punteira que facilite o desenvolvemento dunha investigación efectiva no eido da computación cuántica.
santiago_cesga.jpg Neste contexto, as tecnoloxías cuánticas permitirán avanzar na resolución de problemas complexos que non poden abordar os computadores tradicionais, acelerar o desenvolvemento doutras tecnoloxías, mellorar a competitividade dos distintos sectores produtivos e contribuír ao benestar social. Por este motivo, Galicia vén apostando de maneira decidida por este ámbito nos últimos anos, co obxectivo de situarse como referente nestas tecnoloxías e, deste xeito, impulsar a ciencia, atraer talento e xerar novas oportunidades para a industria, no marco do Polo de Tecnoloxías Cuánticas de Galicia.
Telefónica presentou un proxecto que inclúe un computador cuántico do fabricante europeo IQM, modelo Radiance, con 54 bits cuánticos baseados en supercondutores e deseñado especificamente para a súa integración en contornas de computación de altas prestacións. A este equipamento súmase un computador cuántico adicional, modelo Spark, de cinco bits cuánticos, destinado a accións de formación, probas de concepto e proba de algoritmos. Ademais, a solución proposta por esta firma garante o acceso remoto a infraestruturas equivalentes para os grupos de investigación vinculados ao CESGA desde o momento da sinatura do contrato de adquisición.

Reforzo das capacidades do CESGA

20250812_edu_04.jpgEste orzamento enmárcase nun investimento global de 56 millóns de euros, o maior realizado no CESGA ao longo da súa historia, destinado á construción dun novo edificio e á mellora das súas capacidades mediante a adquisición de novos equipamentos, co obxectivo de convertelo nun referente a nivel nacional e internacional no ámbito da computación de altas prestacións. Estas actuacións están financiadas con fondos europeos procedentes do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, no marco do PERTE Chip, así como con fondos propios da Xunta de Galicia.
As novas infraestruturas completaranse coa incorporación dun novo supercomputador, o Finisterrae IV, que achegará potencia computacional adicional para cubrir, entre outras, as necesidades vinculadas á intelixencia artificial, xunto cun sistema de almacenamento de datos que permitirá albergar grandes volumes de información de maneira permanente e prestar servizos de datos máis avanzados. Esta licitación, publicada de forma simultánea á do ordenador cuántico, aínda está pendente de adxudicación.
O conxunto destas actuacións ten como finalidade reforzar o papel do CESGA como centro de referencia no ámbito nacional e europeo, tanto pola súa capacidade en infraestruturas de computación como polo coñecemento asociado ao seu uso. Así mesmo, o novo edificio e o equipamento previsto permitirán ao CESGA seguir mellorando os servizos que presta, redundando nunha mellora da calidade de vida dos galegos e contribuíndo ao fortalecemento e á ampliación das colaboracións que o centro mantén con empresas tractoras de distintos sectores, das que se derivan avances competitivos relevantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xornada estatal da Semana Europea da Robótica abre mañá en Santiago cun día adicado ao profesorado

25/11/2026
Actualidade

A UVigo confirma que o ciberacoso é o xeito de violencia dixital máis presente nos medios

25/11/2026
Actualidade

COGAMI impulsa a inclusión laboral e a redución da fenda dixital da man do BBVA

25/11/2026
Actualidade

UVigo e COPASA desenvolven un sistema de inspección intelixente que mellora o mantemento ferroviario

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?