Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EE.UU. veta a entrada a Thierry Breton e a activistas contra a desinformación e os discursos de odio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EE.UU. veta a entrada a Thierry Breton e a activistas contra a desinformación e os discursos de odio

Redacción
Publicado: 24/12/2025
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

marco_rubio_snapshot.jpgA Administración de Donald Trump decidiu prohibir a entrada nos Estados Unidos a cinco cidadáns europeos destacados, unha medida anunciada polo secretario de Estado, Marco Rubio, baixo a acusación de teren participado en prácticas de censura en liña contra cidadáns estadounidenses. As persoas afectadas rexeitan esas acusacións e cualifican a decisión de represiva.
O veto supón unha escalada significativa no conflito entre Washington e as iniciativas europeas para supervisar os contidos en grandes plataformas dixitais, entre elas X, propiedade de Elon Musk, así como Facebook e Instagram, pertencentes a Meta.
Entre os sancionados atópase Thierry Breton, excomisario europeo que ironizou preguntándose se «volveu a caza de bruxas de McCarthy», a quen a subsecretaria de Estado para a diplomacia pública, Sarah B. Rogers, sinalou como cerebro da Lei de Servizos Dixitais (DSA), a normativa comunitaria destinada a controlar a difusión de contidos nocivos ou manipuladores na Rede. A Unión Europea impuxo este mes a primeira sanción ao abeiro desa lei, cunha multa de 120 millóns de euros a X por prácticas que, segundo Bruxelas, enganaban aos usuarios, ocultaban información aos anunciantes e impedían o acceso dos investigadores a datos internos, e non por negarse a censurar contidos, como sostivo Elon Musk ao amosar a súa disconformidade coa sanción.
O resto das persoas vetadas son investigadores e directivos vinculados a organizacións europeas non gobernamentais e apartidarias que traballan contra a desinformación e o discurso de odio. Rubio afirmou que estes perfís «lideraron esforzos organizados para coaccionar plataformas estadounidenses a censurar, desmonetizar e suprimir puntos de vista americanos que non comparten». Segundo o secretario de Estado, trátase de «activistas radicais e ONG instrumentalizadas» que promoveron medidas de censura por parte de gobernos estranxeiros.
Desde o regreso de Trump á Casa Branca en xaneiro, a súa Administración intensificou os ataques contra as políticas de loita contra a desinformación, mediante ordes executivas, o desmantelamento de departamentos federais e a retirada de fondos a investigacións relacionadas con este ámbito.
Rubio amparou a medida na Lei de Inmigración e Nacionalidade, que permite denegar a entrada a persoas cuxa presenza poida ter «consecuencias adversas potencialmente graves para a política exterior dos Estados Unidos». Entre os afectados figura tamén Imran Ahmed, director executivo do Center for Countering Digital Hate, organización que documentou un aumento do discurso de odio en Twitter tras a compra da plataforma por Musk. O empresario demandou a entidade en 2023, pero a causa foi arquivada ao considerarse unha vulneración da liberdade de expresión.
Segundo explicou Sarah B. Rogers en publicacións en X, completan a listaxe Clare Melford, responsable do Global Disinformation Index, e Anna-Lena von Hodenberg e Josephine Ballon, dirixentes de HateAid, con sede en Alemaña. Ballon fora citada por declarar nunha entrevista televisiva que «a liberdade de expresión precisa límites».

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”

24/11/2026
Actualidade

Os bombeiros de Ferrol proban unha tecnoloxía con sensores que prevé lesións lumbares

24/11/2026
Actualidade

Protección Civil proba as prealertas de ES-Alert, que permitirán avisar sen activar o son de emerxencia

24/11/2026
Actualidade

Os axentes TIC das 983 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?