Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O PIE da comarca de Ferrol formará a mulleres desempregadas en IA e Big Data
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O PIE da comarca de Ferrol formará a mulleres desempregadas en IA e Big Data

S. P.
Publicado: 02/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

intelixencia-artificial-e1650841483829.jpgIntelixencia artificial e análise da información a gran escala (Big Data), limpeza industrial, comercio e loxística, cociña, agricultura ecolóxica, xestión de comunidades virtuais ou soldadura. Son algún dos contidos sobre os que xirarán as accións de formación para o emprego previstas no Programa Integrado de Emprego 2025-26 que promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co financiamento da Xunta e do Servizo Público de Emprego Estatal.
O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene lembrou co inicio do ano que aínda quedan algunhas prazas dispoñibles para as veciñas do termo municipal interesadas en participar nesta nova edición do PIE.
O programa vai dirixido a mulleres en situación de desemprego inscritas na Oficina de Emprego e con residencia en calquera dos concellos participantes: Ares, Cedeira, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda ou Valdoviño.
Ten unha duración de 12 meses e o seu obxectivo principal é achegar ferramentas ás participantes para mellorar a súa empregabilidade e lograr a inserción laboral.
Con esta finalidade, conxugaranse accións individuais co persoal técnico do programa (orientación laboral, asesoramento, información, itinerarios personalizados de inserción…) con accións formativas, tanto transversais como específicas para o emprego.
Algunhas das actividades previstas son: cursos de técnicas de busca de emprego, de habelencias sociais, alfabetización informática, Internet, redes sociais e dispositivos dixitais, conversa de Inglés, fomento da capacidade emprendedora, técnicas de adestramento (coaching) e intelixencia emocional, técnicas de motivación para a busca de emprego e mobilidade laboral.
En canto á formación específica para o emprego, estará estruturada en seis itinerarios: NTICS (Intelixencia artificial e Big Data); construción naval (coldadura, PRL, xestión medioambiental no sector naval); limpeza industrial; cociña; comercio e loxística e agricultura ecolóxica. Esta formación inclúe, ademais do traballo de aulas, a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da contorna.
O programa contará, ademais, con medidas de apoio á conciliación familiar, persoal e laboral, para facilitar a participación de todas aquelas usuarias que teñan persoas maiores ou menores a cargo.
Así mesmo, terán dereito a percibir unha bolsa de 10€ por día de asistencia ás accións do programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?