Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As series web consolidan a súa tendencia á alza nos XXIV Premios Mestre Mateo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

As series web consolidan a súa tendencia á alza nos XXIV Premios Mestre Mateo

S. P.
Publicado: 08/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

premios_mestre_mateo-2.jpgA Academia Galega do Audiovisual abre este 8 de xaneiro o período de votacións para escoller as finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo. As académicas e académicos poderán votar nesta primeira volta entre as candidaturas inscritas para a vixésimo cuarta edición dos premios, que celebrarán a súa gala de entrega o vindeiro 21 de marzo en Lugo. O prazo de votacións estará aberto ata o mércores 28 de xaneiro ás 14:00 hs.
Nesta edición rexistráronse 186 producións inscritas, unha cifra que en palabras da Academia “consolida o alto nivel de participación do audiovisual galego nos últimos anos, tras o récord acadado na pasada convocatoria”.
Destaca especialmente o máximo histórico de profesionais inscritos, cun total de 565 candidaturas, o que supón un novo fito na traxectoria dos Premios Mestre Mateo.
A categoría de longametraxe acada 13 títulos inscritos, a cifra máis alta da súa historia. As series de televisión manteñen unha presenza moi sólida con 9 inscricións, mentres que as series web continúan a súa tendencia á alza e chegan ás 16 producións, o seu mellor dato ata o momento.
As categorías de programas e videoclips volven ser das máis numerosas, con 37 e 39 obras inscritas, respectivamente. Tamén destacan as curtas de imaxe real, con 26 títulos, e o documental, que suma 25 producións nesta edición.
No ámbito profesional, dos 565 inscritos, 318 son homes (56%) e 247 mulleres (44%), o que supón un incremento significativo da presenza feminina con respecto a edicións anteriores e o mellor dato histórico de participación de mulleres nos premios.
Neste primeiro prazo de votación, que permanecerá aberto ata o 28 de xaneiro, as académicas e académicos elixirán as candidaturas finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo. Unha vez anunciadas, abrirase un segundo período de votación para escoller as obras e profesionais gañadores, que se darán a coñecer na gala de entrega de premios, o 21 de marzo, “unha das citas máis relevantes do calendario cultural galego”, concluíu a Academia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?