Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae ofrece en febreiro a 4ª edición do seu curso sobre programación de aplicacións profesionais con IA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae ofrece en febreiro a 4ª edición do seu curso sobre programación de aplicacións profesionais con IA

S. P.
Publicado: 20/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ia_4__edicion_03.jpgEste mes de febreiro a consultora Vitae, referente galego e estatal en formación avanzada e tecnolóxica para profesionais dos sectores máis innovadores, vai ofrecer a cuarta edición do seu curso Programación de Aplicacións Profesionais con IA, de 9 horas de duración. Desenvolverase os días 18, 24 e 26 de febreiro.

Contidos
  • Contexto
  • Enfoque práctico

Contexto

A irrupción da intelixencia artificial transformou profundamente a forma en que se desenvolvesoftware. Hoxe en día, programar xa non consiste unicamente en escribir código, senón en dirixir, supervisar e validar procesos nos que a IA participa activamente. “Este cambio de paradigma”, explica Vitae, “esixe novas habilidades, novos criterios e unha comprensión clara de como integrar a IA de forma produtiva e responsable no ciclo completo de desenvolvemento”.

Enfoque práctico

ia_4__edicion_01.jpg Este curso propón un enfoque práctico e realista da programación asistida por IA. Ao longo de 9 horas, o alumnado desenvolverá un proxecto sinxelo de principio a fin, utilizando ferramentas de IA non como un substituto do desenvolvedor, senón como un acelerador da análise, o deseño, a posta en marcha, o testing e documentación.
Ademais, adestrarase ao desenvolvedor no seu novo rol como responsable do proceso: formulando prompts efectivos, avaliando a calidade do código xerado, detectando erros ou riscos e tomando decisións técnicas informadas, evitando a dependencia cega das ferramentas de IA.
Traballarase con modelos de IA amplamente utilizados na industria (como ChatGPT, Gemini e Claude), así como con IDEs e asistentes modernos (Cursor, Windsurf, Antigravity, GitHub Copilot), integrándoos nun fluxo de traballo profesional baseado en control de versións, planificación e boas prácticas.
ia_4o__edicion_02.jpg Ao finalizar o curso, os asistentes serán capaces de adquirir unha metodoloxía práctica e transferible para programar con intelixencia artificial; desenvolver a capacidade de dirixir, supervisar e validar o traballo xerado pola IA; e mellorar a produtividade e calidade do desenvolvemento mediante ferramentas de IA usadas profesionalmente.
Este curso terá unha duración de 9 horas. Gravaranse as sesións para poder consultalas de forma ilimitada unha vez finalizado o curso.
vitae_instagram76.jpgA persoa encargada de impartir os contidos será Jorge González, enxeñeiro Técnico Industrial na especialidade de Electrónica, con 25 anos de experiencia como analista programador e máis de 20 anos como formador de tecnoloxías web e de mobilidade. As tecnoloxías que domina Jorge son HTML5, PHP, JavaScript, React, NextJS, Angular, IONIC, Drupal, Symfony, WordPress, Freeswitch, etc…
Na súa faceta de formador estivo sempre ligada á súa experiencia profesional. Entre as empresas e organismos que asesorou ou formou atópanse Google, LinkedIn, FC Barcelona, La Caixa, Nike, Cola Cao, Pronovias, Volkswagen, Capgemini, Grupo Antolín, Gas Natural, Indra, Deloitte, La Voz de Galicia, Plexus, Disashop, Softtek, Teimas, Marine Instruments, Clúster TIC Galicia, etc.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026
Actualidade

WhatsApp por fin incorpora as mensaxes programadas

25/11/2026
Actualidade

Rueda reclama tolerancia cero fronte á violencia machista tamén no ámbito dixital

25/11/2026
Actualidade

A Deputación de Lugo presenta o seu modelo de IA nun congreso internacional en Madrid

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?