Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A BBC pecha unha nova alianza estratéxica con YouTube
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

A BBC pecha unha nova alianza estratéxica con YouTube

Redacción
Publicado: 21/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

p0mw6q1k.jpgA BBC e YouTube anunciaron unha nova alianza estratéxica orientada a reforzar a produción de contidos dixitais, ampliar a presenza da corporación pública na plataforma de vídeo e impulsar a formación de creadores e produtores audiovisuais en todo o Reino Unido.
O acordo inscríbese na estratexia value for all da BBC, coa que a entidade busca garantir que os seus contidos cheguen ao conxunto da cidadanía alí onde se atope, complementando servizos propios como BBC iPlayer e BBC Sounds, onde as novas producións se estrearán de maneira simultánea.
youtube_bbc.jpg No marco desta colaboración, a BBC reforzará a súa actividade en YouTube arredor de catro grandes eixes. Por unha banda, crearase unha oferta específica para nenos e mozos, con novas canles temáticas dirixidas a públicos concretos e contidos procedentes de marcas recoñecidas da corporación. Tamén se potenciarán programas emblemáticos da BBC co obxectivo de chegar a persoas que non consumen habitualmente os seus servizos. A alianza inclúe ademais unha aposta por información rigorosa e de calidade, con novas canles globais, retransmisións en directo e formatos innovadores, así como unha estratexia orientada a impulsar o crecemento comercial a través de comunidades de seguidores a escala internacional.
Segundo datos da propia BBC, esta liña de traballo xa está a dar resultados relevantes, cun total de 15.000 millóns de reproducións anuais de contidos de BBC Studios en YouTube e cun tempo de visualización que case se duplicou no último ano, especialmente en mercados internacionais clave.
f4igdvgxqaa5re9.jpg O acordo tamén contempla un ambicioso programa de formación e capacitación profesional, en consonancia co plan do Goberno británico para o sector das industrias creativas. A iniciativa combinará recursos da BBC e de YouTube e estará liderada pola National Film and Television School. Un total de 150 profesionais do sector audiovisual participarán en obradoiros e encontros destinados a mellorar as súas competencias en creación de contidos para YouTube, cun programa que se desenvolverá tanto en liña como nos centros da BBC en Salford, Birmingham, Glasgow, Newcastle, Belfast e Cardiff.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?