Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As grandes plataformas de vídeo en liña poñen atrancos aos contidos en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

As grandes plataformas de vídeo en liña poñen atrancos aos contidos en galego

Marcus Fernández
Publicado: 23/01/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xustiza_artificial_en_prime_video.jpgO Consello do Audiovisual de Cataluña (CAC) publicou o mes pasado un informe sobre a presenza do catalán nas principais plataformas de vídeo baixo demanda, no que tamén recollen os datos do éuscaro e do galego, reflectindo unha situación preocupante no caso da nosa lingua.
A presenza do galego nas plataformas de streaming é realmente reducida, chegando a ser nula no caso de Disney+, mentres que Netflix e HBO Max contarían con 4 títulos cada plataforma, Prime Video tería 5 títulos, e a única plataforma cunha presenza galega minimamente aceptable sería Filmin, con 57 títulos.
Pero o máis preocupante da presenza de obras filmadas en galego é que en moitos casos a versión orixinal na nosa lingua non estaría presente, como é o caso de Netflix, que actualmente carece da versión orixinal das obras gravadas en galego segundo os datos do informe do CAC, que tamén destaca que en HBO Max a proporción de obras co galego como versión orixinal dispoñible sería do 75 % (aínda que cómpre salientar que neste caso a meirande parte destas obras serían bilingües, non estritamente en galego), en Prime Video só o 20 % das obras conservarían a súa pista en galego, e Filmin si respectaría a nosa lingua, presente no 87,7 % das producións gravadas en galego.
Temos aquí uns datos preocupantes, pois non só o galego ten pouca presenza nas plataformas de consumo de vídeo dominantes, senón que nin sequera se facilita o consumo en galego de producións creadas orixinalmente en galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?