Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A RAGC e a Fundación Barrié distinguen sete equipos galegos punteiros en innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A RAGC e a Fundación Barrié distinguen sete equipos galegos punteiros en innovación

S. P.
Publicado: 28/01/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ragc_barrie_premiados_familia.jpgA Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou na tarde deste 28 de xaneiro o acto de apertura do seu curso, no compostelán Pazo de San Roque. Ao evento asistiu o presidente, Juan Lema, e o resto do equipo de goberno da institución, xunto a outras académicas e académicos. No transcurso do acto entregáronse as distincións da segunda edición dos Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC, destinados a recoñecer as mellores investigacións que se desenvolve na nosa comunidade en Ciencias Básicas, Técnicas e Sociais.
Acudiron diversas autoridades como o conselleiro de Educación, Ciencia,  Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; o subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde; a presidenta da Fundación Barrié, Pilar Romero; o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López; a vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Isabel Ares; a presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez; entre outros representantes de institucións políticas, culturais, científicas e académicas galegas.
20260128_premios_ragc2.jpgJuan Lema reafirmou “o papel da ciencia como elemento central do progreso da nosa sociedade, como motor de desenvolvemento social, económico e cultural”. E puxo de relevo que “a ciencia non avanza a base de xestos espectaculares, senón grazas a un labor constante, rigoroso e moitas veces silencioso”. Manifestou que “a RAGC forma parte dese esforzo colectivo por construír un futuro mellor baseado no coñecemento, no pensamento crítico e no compromiso co ben común, capaz de responder aos retos do presente. As múltiples distincións e recoñecementos recibidos polas nosas académicas e académicos son motivo de orgullo colectivo, pero tamén unha proba clara da solidez e do nivel da ciencia que se fai en Galicia”.
No transcurso do acto, o académico da RAGC e catedrático de Química Física da USC Arturo López Quintela impartiu unha lección maxistral na que abordou a catálise como un dos piares fundamentais da química moderna e da industria.
Pola súa banda, Román Rodríguez puxo en valor o papel da I+G+i “para mellorar a calidade de vida das persoas e para dar resposta a retos complexos da sociedade actual”, ao tempo que destacou o labor das persoas premiadas pola súa contribución científica e pola transferencia do coñecemento á cidadanía como exemplo de talento neste eido. O conselleiro salientou a importancia destes premios como instrumento para impulsar o talento investigador novo e consolidar traxectorias científicas de alto nivel en Galicia, en liña coa aposta da Xunta por reforzar un sistema sólido, competitivo e conectado coa realidade social e produtiva.
Ademais, Julio Abalde destacou o valor estratéxico da ciencia e da transferencia de coñecemento para o desenvolvemento económico e social de Galicia. “A investigación que se fai en Galicia é un exemplo de talento, compromiso social e capacidade de innovación que cómpre seguir apoiando desde as institucións públicas”, sinalou o subdelegado do Goberno.
E, como dixemos, no marco do evento entregáronse os Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC. Os tres traballos distinguidos recibiron unha dotación de 5.000 euros cada un, e concedéronse ademais varios accésit en cada unha das tres categorías. O presidente da RAGC fixo especial fincapé no éxito desta segunda convocatoria, con 133 candidaturas presentadas.

Contidos
  • Premiados na categoría de Ciencias Básicas
  • Premiados na categoría de Ciencias Técnicas
  • Premiados na categoría de Ciencias Sociais

Premiados na categoría de Ciencias Básicas

O Premio en Ciencias Básicas recaeu na identificación dunha proteína como unha potente diana terapéutica para loitar contra un tipo de mutación xenética presente en cancros como o melanoma, o de mama ou o colorrectal. Amósase capaz de frear o crecemento de certos tumores e evitar a aparición de resistencia aos fármacos. Os seus autores, liderados por María Mayán, están integrados no Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo.
A galardoada destacou que “a resistencia ao tratamento é un dos retos máis importantes en oncoloxía, por iso proxectos encamiñados a entender os mecanismos implicados e a buscar solucións son tan relevantes para poder chegar a curar o cancro ou, polo menos, cronificalo. Ademais, esta investigación exemplifica o potencial transformador da ciencia feita en Galicia para abordar problemas reais”.

Nesta área concedéronse dous accésits. Un foi para o equipo de Manuel Souto, do Centro Singular de Investigación en Química Biolóxica e Materiais Moleculares -CiQUS- da Universidade de Santiago. Desenvolveu un novo composto orgánico para conseguir baterías máis duradeiras e eficientes, económicas e sostibles; con importantes vantaxes ambientais, económicas e tecnolóxicas fronte aos eléctrodos inorgánicos tradicionais. “Este premio recoñece o impacto e a relevancia actual da investigación que estamos a levar a cabo no CiQUS, centrada en buscar novas solucións máis respectuosas co medio natural para aplicacións en almacenamento enerxético” -salientou-.

O segundo accésit foi para Hamza Al-Shdaifat, da Facultade de Matemáticas da USC. O seu traballo versa sobre innovadores conceptos de integrais e derivadas de utilidade para resolver problemas complexos en física e enxeñaría, a través do modelado de fenómenos. O investigador puxo de relevo que “este recoñecemento representa un pulo moi importante ao noso traballo e valoramos moi positivamente que institucións como a RAGC e a Fundación Barrié aposten por fomentar a investigación e a divulgación das ciencias e as súas aplicacións”.

Premiados na categoría de Ciencias Técnicas

O premio na categoría de Ciencias Técnicas foi para o grupo de Cristina Gallego, do Centro de Investigación Interdisciplinar en Tecnoloxías Ambientais -CRETUS- da USC. Propoñen un xeito innovador e ecolóxico de aproveitar a pel do peixe, empregándoa para obter xelatina de alta calidade para o os sectores alimentario, farmacéutico e cosmético.

“Este recoñecemento é unha demostración de que o traballo científico permite avanzar cara a un futuro máis respectuoso co medio e afrontar problemas reais que nos afectan a todos”, apuntou a investigadora.

Outorgouse un accésit a un equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías Navais e Industriais -CITENI- da Universidade da Coruña (Campus de Ferrol), liderado por Javier Pernas. Usando a intelixencia matemática, desenvolveu unha metodoloxía para optimizar a planificación de tarefas no proceso de construción de buques, con aplicación noutros sectores como o aeroespacial ou a construción modular. “Para min, o obxectivo e o reto da universidade é converter o coñecemento científico en impacto real e positivo na vida das persoas”, salientou o galardoado.

Premiados na categoría de Ciencias Sociais

O premio en Ciencias Sociais foi para o equipo de por Iria González, da Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo, que traballa na xestión sostible da denominada última milla no comercio electrónico. É a fase final e máis crítica do proceso, o transporte do pedido desde o derradeiro centro de distribución ata a entrega ao cliente, cun alto impacto ambiental.

A investigación proporciona ferramentas e directrices para facilitar o deseño e posta en marcha de estratexias sustentables nesta fase. “Para nós este premio é un recoñecemento á aposta pola sostibilidade e un impulso para seguir a traballar nesta liña”, sinalou a investigadora.

Amais, outorgouse un accésit ao grupo de María Garrido, da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Analizaron o impacto das prácticas ambientais no rendemento, o risco e a resiliencia das pemes. A partir dunha mostra de máis de 500 pemes galegas, observaron que as prácticas ambientais, e especialmente as laborais, poden xerar efectos positivos nalgúns indicadores económicos e na capacidade de resistencia das pemes en contextos de crise. “Este premio reforza o papel esencial da investigación na sociedade actual para comprender os retos aos que se enfrontan as pemes galegas e para apoiar a toma de decisións” -destacou Garrido-.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A UDC conta con 23 persoas investigadoras na clasificación de influentes de Stanford
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

As persoas xordas poderán comunicarse coa Policía Local de Ferrol a través de WhatsApp

26/11/2026
Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?