Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta achega axudas por 3,5 millóns para a produción galega de películas e series
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta achega axudas por 3,5 millóns para a produción galega de películas e series

S. P.
Publicado: 28/01/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

butacas.jpgA Xunta publicou este mércores 28 de xaneiro a súa convocatoria anual de subvencións para a produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, que neste 2026 aumenta a súa dotación ata os 3,5 M€, un 16,6% mais que no ano anterior.
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude quixo “reforzar o seu investimento nesta liña de axudas para a produción galega de películas e series”, que, segundo lembrou, “vén rexistrando unha tendencia ascendente nos últimos cinco anos e a través da que se cofinanciaron títulos tan destacados como Sirât –finalista a dous premios Oscar, entre outros múltiples recoñecementos internacionais–, Decorado, Onte á noite conquistei Tebas, San Simón ou Leo&Lou”.
Como en anos anteriores, as destinatarias desta convocatoria son as produtoras independentes do sector audiovisual galego para levar a cabo cinco categorías de proxectos obxecto de subvención: longametraxes cinematográficas de ficción e/ou animación, de tipo documental, longas en coprodución internacional con participación minoritaria española, curtametraxes, ou series para seren emitidas por televisión ou plataformas baixo demanda.
O baremo de puntuación das propostas continúa dándolle prioridade ao uso do galego, á participación de mulleres en todos os ámbitos e ao emprego de profesionais, recursos e servizos de empresas galegas. Ademais, os criterios de selección están estreitamente relacionados co territorio en canto ás localizacións de rodaxe, os estudos ou os profesionais creativos, técnicos e artísticos implicados, sen menoscabo da calidade dos contidos e o seu potencial de circulación a nivel estatal e internacional.
As produtoras interesadas teñen de prazo desde mañá e ata o 2 de marzo para presentar os seus proxectos a esta convocatoria, que será resolta en réxime de concorrencia competitiva.
Nestes momentos, o audiovisual galego está a preparar 26 novos títulos subvencionados a través desta mesma liña en 2025, ano no que se dotou con 3 M€. Deles, 10 corresponden á modalidade para longametraxes cinematográficas, dous á de longas en coprodución internacional minoritaria, 12 á de curtametraxes e dúas á de series de televisión ou plataformas de vídeo baixo demanda.
Trátase da principal vía de investimento na industria audiovisual galega dentro do programa de axudas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude xestiona cada ano a través da Axencia Galega das Industrias Culturais para acompañar economicamente as empresas do sector desde o xermolo e o desenvolvemento dos proxectos, ata a súa produción, rodaxe, difusión, comercialización e exhibición. Dentro da planificación de 2026, atópanse xa en tramitación as dirixidas á organización de festivais audiovisuais cunha dotación de 310.000 euros e á promoción do talento audiovisual galego con 176.000 euros, ao tempo que se prepara a próxima publicación do fondo para a atracción de rodaxes a Galicia cun investimento de 2 millóns.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?