Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae móstranos en marzo como integrar as ferramentas de automatización n8n e Make no noso negocio
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae móstranos en marzo como integrar as ferramentas de automatización n8n e Make no noso negocio

S. P.
Publicado: 03/02/2026
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

auto_ia_02.jpgA consultora tecnolóxica Vitae, referente en formación avanzada para profesionais TI, vai organizar este mes de marzo un novo curso de transformación: o curso Automatización con n8n, Make e IA aplicable ao negocio. Será unha actividade de 9 horas de duración, a desenvolver os días 12, 17 e 18 de marzo de 2026, con formato de aula virtual, clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
Esta proposta formativa ten como obxectivo capacitar aos asistentes no uso práctico de ferramentas de automatización (n8n e Make) e na aplicación de intelixencia artificial en procesos internos de forma responsable, segura e aliñada con RGPD e normativa europea.
“A formación”, informa Vitae, “está deseñada para xerar impacto desde o primeiro contacto e evolucionar cara a unha implantación real no día a día, con especial foco en identificación de oportunidades con impacto directo en produtividade e custos; en creación de automatizacións con potencial de aplicación ao negocio; en integración de IA con criterio (sen depender de hype); e en prevención de riscos asociados a datos, seguridade e cumprimento normativo”.
Obxectivos
auto_ia_01.jpg -Capacitar aos asistentes para entender, deseñar e implementar automatizacións con n8n e Make.
-Incorporar IA en procesos internos de forma útil, realista e controlada.
-Dotar dun marco de traballo para automatizar con continuidade: calidade do dato, estabilidade e mantemento.
-Asegurar un enfoque de aplicación compatible con RGPD e normativa europea.
Ademais, poñerase o foco en conseguir os seguintes obxectivos secundarios: aumentar autonomía interna para reducir dependencia de provedores; mellorar tempos de resposta, coordinación e rastrexabilidade; e identificación de casos prioritarios de alto impacto e baixa complexidade.
O curso está dirixido a perfís non técnicos ou mixtos (operacións, mercadotecnia, administración, produto ou IT) cun nivel desde iniciación a intermedio.
vitae_instagram78.jpgA persoa encargada de impartir os contidos será Valentín Ayesa, profesional tecnolóxico cunha sólida traxectoria en automatización de procesos, xestión de proxectos e integración de intelixencia artificial, e atesourando máis de 15 anos de experiencia combinando perfil técnico e visión de negocio. Actualmente é CTO en consultoría especializada en IA, desde onde impulsa a transformación dixital de profesionais e empresas de distintos sectores. Tamén é embaixador de n8n en España e axudou a máis de 2.000 alumnos a eliminar tarefas manuais mediante sistemas automatizados sen necesidade de programación avanzada.
A súa experiencia abrangue desde o desenvolvemento de software e ERP a medida, ata a dirección tecnolóxica, liderado de equipos e xestión de proxectos internacionais en contornas corporativas.
Ao longo da súa carreira liderou procesos de dixitalización integral, aplicando solucións baseadas en automatización, ferramentas na nube, aplicacións web e móbiles, e sistemas que melloran a eficiencia operativa e a produtividade. Segundo fai saber Vitae, “destaca polo seu enfoque práctico, orientado a resultados, e pola súa capacidade para traducir a tecnoloxía en impacto real para o negocio, tanto en contornas formativas como en consultoría especializada”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?