Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O uso da IA no diagnóstico médico, a debate no Campus de Ferrol en marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O uso da IA no diagnóstico médico, a debate no Campus de Ferrol en marzo

S. P.
Publicado: 05/02/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González
O catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González
O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acolle os días 12 e 13 de marzo as xornadas sobre Filosofía da Medicina que organiza o Centro de Investigación en Filosofía da Ciencia e da Tecnoloxía (CIFCYT) da Universidade da Coruña (UDC), en colaboración coa Sociedad de Lógica, Metodología y Filosofía de la Ciencia en España, baixo a coordinación do catedrático da Facultade de Humanidades e Documentación, Wenceslao J. González.
Entre os relatores convidados a participar nestas xornadas figura a directora do Centro de Bioética, Saúde e Sociedade no Wake Forest College, en Carolina do Norte, Ana Lucía Smith Iltis; a catedrática da Universidad Nacional Autónoma de México (UNAM) e membro da Academia Internacional de Filosofía das Ciencias (AIPS), Atocha Aliseda; e o profesor asociado do Departamento de Filosofía na University of Utah, nos Estados Unidos, ademais de editor asociado do British Journal for Philosophy of Science, Jonah N. Schupbach.
No programa desta edición atopamos tamén ao catedrático de Filosofía na University of Liverpool, en Reino Unido, Thomas Schramme; ao catedrático da Universitat Abat Oliba CEU de Barcelona e especialista en temas de Bioética, Aquilino Cayuela Cayuela; e ao profesor do Departamento de Historia e Filosofía da Ciencia (HPS) da University of Pittsburgh, nos Estados Unidos, e investigador no eido da Bioética e do Dereito da Saúde, Jonathan Fuller.
As persoas interesadas en participar neste evento que se enmarca dentro das XXXI Xornadas de Filosofía e Metodoloxía Actual da Ciencia terán que enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a jornadas.filosofia.ciencia@udc.es ou ben chamando ao 881 01 3814 antes das 14h do venres 27 de febreiro. O prezo da matrícula oscila entre os 40 e os 80 euros, dependendo de se a persoa inscrita pertence á comunidade universitaria ou ao ámbito profesional.
O programa das xornadas está dispoñible en PDF.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Os Xiaomi 18 Pro e Pro Max chegan finalmente a España
TREBELLOS
5 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A Fundación Carlos Casares convoca a game jam escolar Píxeles con retranca

24/11/2026
Actualidade

CLUN automatiza a rastrexabilidade do leite mediante un innovador proxecto baseado na IA

24/11/2026
Actualidade

As eleccións deste domingo serán as primeiras nas que poderemos identificarnos co DNI dixital, a través da aplicación MiDN

24/11/2026
Actualidade

366 estudantes de 27 centros galegos participan na primeira edición do desafío CiberFP

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?