Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vitae organiza en marzo a 3ª edición do seu curso sobre Microsoft Fabric
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vitae organiza en marzo a 3ª edición do seu curso sobre Microsoft Fabric

S. P.
Publicado: 10/02/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fabric_06.jpgA consultora galega Vitae, referente galego e estatal en formación tecnolóxica avanzada para empresas e profesionais TIC, organiza este mes de marzo a terceira edición do curso Introdución a Microsoft Fabric, de 9 horas de duración, a desenvolver os días 9, 11 e 16 de marzo.
Trátase dunha nova actividade formativa de Vitae Consultores destinada a facilitar o traballo dos profesionais das TI. Achégase novamente en formato de aula virtual con clases en directo e acceso ás sesións gravadas para a súa consulta.
O curso é un convite a descubrir como Microsoft Fabric pode satisfacer as necesidades de análises da nosa organización nunha soa plataforma, reducindo a complexidade do despregamento e a planificación dos custos.
vitae_instagram79.jpgLembrar que Microsoft Fabric é unha plataforma de datos e análises integral deseñada para empresas que requiren unha solución unificada. Abrangue o movemento de datos, o procesamento, a transformación, o encamiñamento de eventos en tempo real e a creación de informes. Ofrece un conxunto completo de servizos, como Enxeñaría de Datos, Ciencia de Datos, Análise de Datos en Tempo Real, Data Warehouse, Intelixencia do Negocio e Bases de Datos. Grazas a este curso de Vitae, obteremos información sobre Microsoft Fabric, como funciona e como identificar como e cando utilizalo para as nosas necesidades.
Con este curso inicial sobre Microsoft Fabric, as persoas participantes familiarizaranse co ecosistema, o fluxo de traballo completo dende a preparación ata a visualización de datos, e aplicarán conceptos con exercicios prácticos. O obxectivo é brindar fundamentos sólidos para proxectos de datos e análises en Microsoft Fabric.
A persoa encargada de impartir estes contidos será Toni Jurado, enxeñeiro técnico en Informática de Xestión pola Universidade Autónoma de Barcelona. Toni conta con máis de 20 anos de experiencia impartindo formación técnica para empresas a todos os niveis, compaxinando esta tarefa coa consultoría de Power BI, DAX, Power Query, Power Pivot e Excel. É experto en Microsoft Power BI, e conta co Certificado MVP por Microsoft, o que o acredita como uns dos mellores expertos recoñecidos por Microsoft en Power BI en España. Ademais é Data Analist PL300 e autor do libro Fundamentos de Modelo en Estrella.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?