Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: YouTube convértese na maior empresa de medios do mundo tras superar a Disney
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

YouTube convértese na maior empresa de medios do mundo tras superar a Disney

Redacción
Publicado: 11/03/2026
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

youtube_fiestras_voando.jpgYouTube consolidou en 2025 unha posición histórica dentro da industria do entretemento ao converterse na maior empresa de medios do mundo por volume de negocio. Así o conclúe a firma de análise financeira MoffettNathanson, que estima que a plataforma de vídeo propiedade de Google superou os ingresos do negocio mediático de The Walt Disney Company durante o pasado exercicio.
Segundo os datos feitos públicos por Alphabet, matriz de Google, YouTube rexistrou máis de 60.000 millóns de dólares de facturación en 2025. A estimación de MoffettNathanson sitúa a cifra arredor dos 62.000 millóns de dólares, o que permitiría á plataforma superar os 60.900 millóns de dólares obtidos pola división de medios de Disney (sen incluír a área de experiencias e parques temáticos).
Este avance confirma unha tendencia que os analistas xa apuntaban hai tempo. A mesma firma cualificara o ano pasado a plataforma como o «novo rei de todos os medios». A súa valoración actual sitúase entre os 500.000 e os 560.000 millóns de dólares, unha cifra moi superior á dos competidores tradicionais do sector. O rival máis próximo sería Netflix, cunha capitalización bursátil que rolda os 409.000 millóns de dólares.

Contidos
  • Un modelo baseado en publicidade e subscricións
  • A economía dos creadores e a IA como eixes de crecemento

Un modelo baseado en publicidade e subscricións

O negocio publicitario segue sendo unha das principais fontes de ingresos da plataforma. Só no cuarto trimestre de 2025 YouTube ingresou 11.400 millóns de dólares en publicidade, elevando o total anual por riba dos 40.000 millóns, o que supón máis do que facturan por tal concepto Disney, NBC, Paramount e Warner Bros. Discovery xuntas.
Porén, a compañía tamén consolidou un amplo ecosistema de servizos de subscrición. Entre eles atópanse YouTube Premium, YouTube Music, o paquete deportivo NFL Sunday Ticket e o servizo de televisión en liña YouTube TV, que ofrece canles en directo a través da Internet.

A economía dos creadores e a IA como eixes de crecemento

Un dos elementos centrais do éxito da plataforma é o seu ecosistema de creación de contido. Desde o seu lanzamento, YouTube pagou máis de 100.000 millóns de dólares a creadores, compañías musicais e socios mediáticos, converténdose nun actor fundamental dentro da industria do entretemento dixital.
Os analistas de MoffettNathanson consideran que o crecemento da plataforma continuará nos vindeiros anos grazas á súa escala como distribuidor de contido e aos investimentos en ferramentas baseadas en intelixencia artificial.
Estas tecnoloxías permitirán aos creadores producir contidos con maior rapidez e reducir custos en ámbitos como o deseño de escenarios, efectos visuais, vestiario ou maquillaxe, procesos que tradicionalmente requirían investimentos elevados.


YouTube presume de liderar o streaming no televisor dende hai 3 anos

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?