Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O tráiler de Spider-Man: No Way Home supera os 718 millóns de reproducións en 24 horas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

O tráiler de Spider-Man: No Way Home supera os 718 millóns de reproducións en 24 horas

Redacción
Publicado: 20/03/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

spider-man_trailer_mobil.jpgO primeiro tráiler de Spider-Man: Brand New Day, a nova produción de Sony e Marvel Studios, converteuse no máis visto da historia do cine tras acadar 718,6 millóns de reproducións globais nas súas primeiras 24 horas. A cifra sitúa o adianto do filme moi por riba de calquera outro lanzamento audiovisual rexistrado ata o momento, consolidando a expectación arredor da nova entrega do superheroe da Marvel.
O avance superou en apenas oito horas o rexistro que ata agora mantiña Deadpool & Wolverine, que acadara 373 millóns de visualizacións no seu primeiro día. Ademais, tamén deixou atrás o impacto do tráiler de Grand Theft Auto VI, que fora presentado como o maior lanzamento audiovisual de 2025 con 475 millóns de reproducións en 24 horas.
spider_man_trailer_amazing_fantasy.jpg A comparación con anteriores entregas da propia saga tamén evidencia o salto de interese. O tráiler de Spider-Man: No Way Home, filme que acabaría recadando 1.900 millóns de dólares a nivel mundial en 2021, quedara en 355,5 millóns de reproducións no seu primeiro día, practicamente a metade da nova marca.
A película, con estrea prevista para o 31 de xullo, abre unha nova etapa na historia de Peter Parker. A trama sitúase catro anos despois dos acontecementos de No Way Home, cun protagonista que vive en solitario tras borrar voluntariamente a súa identidade da memoria das persoas que o rodean. Nunha Nova York que xa non o recoñece, Spider-Man dedícase por completo á loita contra o crime, mais a crecente presión provoca unha evolución física inesperada que ameaza a súa propia existencia, ao tempo que emerxe unha nova ameaza de grande magnitude.


Tráiler en español do novo filme

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?