Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os contidos dixitais tamén foron protagonistas dunha gala dos Mestre Mateo marcada por Sirāt e Antes de nós
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Os contidos dixitais tamén foron protagonistas dunha gala dos Mestre Mateo marcada por Sirāt e Antes de nós

S. P.
Publicado: 23/03/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

Gañadores dos XXIV Premios Mestre Mateo. Fotografía de Aigi Boga.Este sábado 21 de marzo celebrouse en Lugo a gala dos XXIV Premios Mestre Mateo, na que as longametraxes de ficción Sirāt, de Oliver Laxe, e Antes de nós, de Ángeles Huerta, dous dos grandes éxitos do noso cinema, confirmaron que tamén teñen o recoñecemento da profesión e do sector da nosa terra ao acaparar boa parte dos premios principais.
A produción dirixida por Oliver Laxe fíxose co premio a Mellor Longametraxe, ademais de sumar os galardóns a Mellor Música Orixinal, para Kangding Ray, e Mellor Son, para Amanda Villavieja.
Pola súa banda, Antes de nós, dirixida por Ángeles Huerta, foi a produción máis premiada da gala ao acadar trece recoñecementos entre as categorías artísticas e técnicas, igualando así o récord histórico de Dhogs nos Mestre Mateo. A cineasta suma ademais o seu segundo galardón á Mellor Dirección. A produción destacou nunha noite de grande protagonismo feminino.
Entre os galardóns conseguidos por Antes de nós figuran os de dirección para Ángeles Huerta; guión para Pepe Coira; dirección de arte para Elia Robles; dirección de fotografía para Lucía C. Pan; dirección de produción a Lucía Caramelo; maquillaxe e peiteados para Chicha Blanco e Lorena Calvo; vestiario para Aránzazu Domínguez; e montaxe a Lucía Iglesias; así como os premios de interpretación, tanto protagonistas para Cris Iglesias e Xoán Fórneas, como de reparto. Precisamente nesta última categoría interpretativa produciuse un dos momentos máis inesperados da noite, cun premio ex aequo en interpretación feminina de reparto ás actrices Luisa Merelas e Victoria Teijeiro.
A gala deixou tamén instantes especialmente emotivos, como a entrega do premio a Mellor Interpretación Masculina de reparto a Miquel Ínsua por Antes de nós, falecido este ano, cuxa lembranza estivo moi presente durante o acto e converteu o momento nunha das homenaxes máis sentidas da noite.
No conxunto das categorías profesionais, a presenza feminina foi especialmente salientable: 11 dos 16 galardóns foron recollidos por mulleres, o que supón preto do 70 % dos premios, consolidando unha tendencia de crecente protagonismo feminino no sector audiovisual galego.
O evento, presentado por Trisha Fernández e Federico Pérez, celebrouse no Auditorio Fuxan os Ventos e contou coa presenza das principais autoridades locais e institucionais. Ademais, por terceiro ano Yolanda Díaz e o concelleiro de Cultura volveron a arroupar ao sector audiovisual galego. A gala contou co apoio de AGADIC – Xunta de Galicia, a Vicepresidencia da Deputación de Lugo e a Concellaría de Cultura do Concello de Lugo, e foi emitida pola Televisión de Galicia. A noite estivo tamén marcada polas actuacións musicais de Xabier Díaz e Mondra.
A presidenta da Academia Galega do Audiovisual, Lucía Veiga, fixo un firme chamamento contra a guerra no seu discurso e reivindicando un claro “non ás guerras” desde o sector audiovisual. Veiga subliñou tamén a importancia da unión de todo o sector para fortalecer unha comunidade en constante crecemento e reivindicou o traballo das distintas asociacións profesionais na defensa dos dereitos e da cultura galega.
No ámbito televisivo, Weiss & Morales acadou o premio a Mellor Serie de Televisión, mentres que Bechos foi recoñecida como Mellor Serie Web.
Cos pés na terra fíxose co galardón a Mellor Programa.
Nas categorías de curtametraxes, Curmán, dirixido por Alejandro Jato, foi distinguida como Mellor Curtametraxe de Imaxe real, mentres que O corpo de Cristo, de Abano Producións e Uniko dirixido por Bea Lema, acadou o premio á Mellor Curtametraxe de Animación. O galardón a Mellor documental foi para 360 Curvas, dirixido por Alejandro Gándara, Ariadna Silva Fernández.
En canto ao resto de categorías, o premio a Mellor Videoclip foi para Hibernarse – O videofilme, producido por Fillas de Cassandra, e Ao noroeste do oeste, de Undodez e Medio Limón, foi recoñecido como Mellor Anuncio Publicitario.
O galardón a Mellor Comunicador foi para Xosé Ramón Gayoso por Luar, mentres que Marcos Nine obtivo o premio á Mellor Realización por Historias de aquí.
Outro dos momentos máis destacados da noite foi a entrega do Premio de Honra á tradutora e asesora lingüística Rosa Moledo, en recoñecemento á súa traxectoria e contribución ao audiovisual galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?