Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta mobilizará 8 millóns de euros en 2026 para o sector audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

A Xunta mobilizará 8 millóns de euros en 2026 para o sector audiovisual

Redacción
Publicado: 01/04/2026
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

284a9613.jpgA Xunta prevé mobilizar ao longo de 2026 arredor de 8 millóns de euros a través do seu programa de axudas ao sector audiovisual galego, cun impacto directo sobre profesionais, empresas e proxectos que integran esta industria, segundo sinalou o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, durante a súa comparecencia na Comisión 4ª do Parlamento, solicitada por el mesmo, onde subliñou que o Executivo autonómico «ten o obxectivo claro e inequívoco de seguir reforzando un sector estratéxico para Galicia, consolidado como un dos principais motores culturais, económicos e de proxección exterior».
O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude explicou que «dispoñemos dun modelo propio de apoio asentado no diálogo cos axentes do sector e na estabilidade das políticas públicas, que garante seguridade xurídica, previsibilidade e investimento». Durante a súa intervención, fixo referencia ás sete liñas de subvención que nos últimos anos contribuíron de maneira significativa a éxitos como Sirat, a primeira película galega en lograr nominacións aos Óscars.
Entre estas axudas, Sutil destacou o notable incremento da convocatoria destinada ao desenvolvemento de proxectos audiovisuais galegos, que pasa de 300.000 euros a 1,2 millóns de euros, financiados tanto con fondos propios como co programa FEDER 2021-2027. Este aumento responde á incorporación dunha nova categoría orientada ao desenvolvemento de paquetes de proxectos que, segundo explicou, «permitirá gañar estabilidade e fortalecer o tecido empresarial, ao facilitar a planificación de iniciativas a medio e longo prazo, impulsando ademais o talento creativo galego e priorizando os nosos autores e autoras».
Tamén puxo o foco nas axudas dirixidas ás salas de cinema, que este ano contarán cunha dotación de 480.000 euros achegados polo Ministerio de Cultura. O seu obxectivo, precisou, «é contribuír a dar cobertura a un sector fundamental para a difusión do noso cinema».
Da produción e as rodaxes ao apoio a festivais e á promoción exterior, a liña con maior dotación orzamentaria é a destinada á produción e coprodución de proxectos audiovisuais galegos, cun total de 3,5 millóns de euros, que «resulta clave para impulsar a produción independente en Galicia». Segundo explicou, esta liña funciona tanto como capital semente para proxectos en fase inicial como complemento para aqueles que xa contan con outras fontes de financiamento, abrangue modalidades como longametraxes de ficción, animación e documental, coproducións minoritarias galegas, curtametraxes e series.
Outra das liñas destacadas é a orientada á realización de rodaxes en Galicia, posta en marcha en 2021 no marco do Hub Audiovisual para paliar os efectos económicos da pandemia. Este ano dispón de 2,2 millóns de euros co obxectivo, indicou Sutil, «de que o noso territorio compita en igualdade de condicións con outros do Estado con incentivos fiscais diferenciados, como País Vasco, Navarra ou Canarias, que presentan maiores vantaxes para atraer grandes producións».
No ámbito da creación audiovisual para a promoción do talento galego, destínanse 176.000 euros a fomentar a realización e posprodución de curtametraxes, así como a produción de longametraxes de novos directores e directoras. Trátase dunhas axudas que, segundo aclarou, «esixen que tanto os proxectos como as obras finais estean en versión orixinal galega e constitúen en moitos casos a primeira oportunidade para profesionais que buscan abrirse camiño na industria».
Ademais, a convocatoria para apoiar a celebración de festivais do sector en Galicia conta cun orzamento de 310.000 euros, destinado a cubrir gastos vinculados a equipamentos de proxección, dereitos de exhibición, subtitulado, promoción, xestión de convidados e persoal organizador.
Por último, resérvanse 80.000 euros para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos galegos, financiando parte dos custos asociados á participación en eventos internacionais e facilitando a presenza de empresas e profesionais en feiras e mercados especializados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?