Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago acollerá unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Audiovisual

Santiago acollerá unha xornada formativa profesional sobre mercados internacionais do sector audiovisual

Redacción
Publicado: 06/04/2026
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada-agapi-programa_14abril2026.jpgO Museo das Peregrinacións e de Santiago acollerá o vindeiro 14 de abril unha xornada formativa centrada nos mercados internacionais do ámbito audiovisual, na que a Xunta de Galicia reunirá expertos e profesionais co obxectivo de analizar as claves e sinerxías deste tipo de encontros. A iniciativa, organizada a través da Asociación Galega de Produtoras Independentes, inscríbese no programa Galicia ProFilme da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, orientado a favorecer a progresiva capacitación e profesionalización do sector.
A sesión ofrecerá unha visión práctica, directa e actualizada dos principais mercados audiovisuais exteriores, con especial atención ás citas máis relevantes que teñen lugar en Portugal, Francia, Bélxica e os Estados Unidos. O propósito é proporcionarlles aos axentes da industria ferramentas útiles para a toma de decisións estratéxicas no ámbito da internacionalización, en liña coa convocatoria de subvencións para a proxección exterior do audiovisual galego en festivais, mercados e foros de negocio que mantén aberta a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Coa participación de profesionais de recoñecido prestixio, abordaranse cuestións clave como as vías de acceso a estes mercados, os modelos de colaboración dispoñibles e os principais retos que afrontan as produtoras na proxección internacional dos seus proxectos. O encontro contará coa intervención de Luis Costa, produtor en Olhar de Ulisses e presidente da Associação de Produtores do Norte e Empresários Independentes do Audiovisual (Portugal); Valérie Delpierre, produtora en Inicia Films (Francia-Bélxica); e Álvaro Saracho, vicepresidente de Estratexia e Operacións de Produción en The Immigrant (Estados Unidos).
A xornada será de carácter gratuíto, aínda que será necesario formalizar a inscrición previa ata o 13 de abril. Ademais, as persoas interesadas poderán solicitar con antelación a súa participación nas reunións individuais incluídas no programa.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Audiovisual

O Facom Fest 2026 (USC) porá en valor o audiovisual do estudantado

20/11/2026
Audiovisual

Os visores de Meta Quest permitirán o aluguer e compra de películas en 3D

19/11/2026
525912-skyshowtime-logo-7de941-large-1707842591.jpg
Audiovisual

SkyShowtime botará o peche en 2027

19/11/2026
Audiovisual

YouTube amosará publicamente o número de visualizacións compartidas

18/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?